Uso dunha xuntanza BBB: Conversas.
Durante a xuntanza os participantes poden plantexar cuestións,
debater ou indicar problemas sen interrumpir a marcha da mesma. Para elo
pódense empregar conversas (chats) públicos aos que teñen acceso
tódolos participantes, ou privadas entre dous participantes.
Conversa pública:
O panel esquerdo permite seleccionar, entre outras opcións a conversa
pública na que participan todos os asistentes. A continuación do panel
esquerdo aparece a conversa en si. Ao inicio vese a mensaxe de benvida
configurada ao crear a sala e a continuación as distintas mensaxes dos
participantes. Cada un deles pode escribir na caixa situada ao fondo da
mesma para enviar unha mensaxe.
A
conversa pública pode ser descargada ou copiada polos participantes
para consultas ou referencias posteriores. O profesor ten tamén a opción
de limpar a conversa. Para acceder a esas opcións hai que picar na
icona de tres puntos que aparece na parte superior dereita do panel de
conversa.
Conversas privadas.
Ademáis da conversa pública o profesor pode manter conversas privadas con usuarios específicos. Basta con picar no seu nome e seleccionar a opción correspondente no menú emerxente.
Na zona superior do panel esquerdo poderemos seleccionar en cada momento cal das conversas queremos visualizar, ben a pública, ben algunha das privadas.
Sempre podemos agochar as conversas encollendo o seu panel ao picar no seu título ou na entrada correspondente no panel esquerdo.