Uso dunha xuntanza BBB: A presentación.
nicialmente hai dispoñible unha presentación por defecto. Conta cunha páxina inicial con información xenérica de BigBlue Button e 11 páxinas a maiores completamente baleiras. Estas proporcionan un fondo neutro no que escribir e facer anotacións durante as explicacións.
Subir presentacións propias:
Non é preciso utilizar a presentación por defecto e, por tanto, na maioría dos casos será interesante empregar unha propia. Pode ser calquera presentación ou documento que teñamos preparado para a impartición da nosa clase.
Podemos subir unha presentación previamente ao inicio da videoconferencia no formulario de configuración da actividade BigBluebuttonBN na sección "Contido da presentación", ou podemos facelo unha vez iniciada a videoconferencia picando na icona de Accións
Mediante o uso da icona "Accións" (+) accédese a un menú despregable que inclúe a opción "Enviar unha presentación". Na pantalla que se abre, pódese:
- Enviar novos documentos (Recomendable PDF aínda que admite imaxes, textos, follas de cálculo, etc)
- Seleccionar o documento que se vai utilizar en cada momento entre os subidos.
- Definir cada documento como descargable ou non para os participantes.
- Eliminar documentos.
Os arquivos poden ser subidos picando na ligazón "ou busque os ficheiros", que nos permitirá navegar para escollelos, ou directamente arrastralos á caixa marcada con borde discontinuo.
Unha
vez enviados os arquivos observamos o listado dos que temos dispoñibles
para o seu uso. Á dereita unhas pequenas iconas permiten escoller cal
deles será o activo e cales terán permitida a descarga por parte do
alumnado. Unha terceira icona permite a eliminación de arquivos. Ao
longo da xuntanza poderemos volver a esta pantalla para cambiar o
arquivo activo ou para subir novos arquivos.
Anotar na presentación:
Tendo a presentación visible, o profesor dispón dunha caixa de ferramentas no lateral dereito para facer anotacións sobre aquela. As ferramentas inclúen:
- Selección de ferramenta.
- Selección do grosor de liña.
- Selección da cor.
- Botón de desfacer.
- Botón de limpar todas as anotacións.
- Botón de compartir o encerado. Permite que outros usuarios poidan anotar tamén. É un xeito de "sacar alumnos/as ao encerado".
Na barra inferior da presentación teremos acceso a distintas funcións de control do documento de presentación.
- Na zona central, mediante as frechas e o despregable, poderemos navegar polas distintas páxinas.
- Cara a dereita contamos con opcións de ampliación da visualización. Se debido á ampliación non toda a páxina é visible podemos desplazalo documento usando a ferramenta da man.
- Axuste ao largo <--> estende o documento a todo o largo da pantalla
- Finalmente dispoñemos da opción de pantalla completa. Para volver dese modo de visualización pulsaremos a tecla "Esc".
Na esquina superior dereita da presentación aparece sempre unha icona azul
que permite ocultala temporalmente. Mentres permanece oculta na zona
inferior dereita da pantalla aparece unha icona que nos permite volver a
amosala.