Para acceder á sala/sesión que xa está creada picamos no título coma en calquera outra actividade. Aparecerá a información da sala/sesión e un botón para iniciala.

Acceso a sala BBB


Primeiramente aparece unha ventá para escoller o acceso con micrófono ou en modo oínte. Habitualmente o profesor utilizará o micrófono durante a xuntanza polo que ao picar nesa opción farase unha proba de son. O seu navegador solicitará permiso para o acceso ao micrófono do equipo.

Atención: É fundamental conceder este permiso. É moi frecuente non activar correctamente o acceso ao micro ou á cámara co que non se poderá utilizar ese recurso nese caso.

Se non vemos a solicitude de permiso ou se con posterioridade a acceder queremos modificar os recursos concedidos farémolo picando nas iconas que aparecen á esquerda da URL, na parte superior da imaxe.

Activación de microPermiso de microConfirmación de son


Comprobado o funcionamento do son accédese á sala/sesión que aparece coa pantalla diferenciada cos seguintes elementos.

  1. Panel principal: É o espazo onde aparecerá a presentación e a imaxe dos participantes. Tamén se empregará como área de traballo.
  2. Panel despregable secundario: É un panel onde ver e editar as conversas ou as notas compartidas, segundo o que se seleccione no menú (3). Tamén aparece a mensaxe de benvida da sesión.
  3. Panel de menú e usuarios: Neste panel podemos escoller a opción que se amosará no panel secundario (2), que pode ser a conversa pública ou as notas compartiadas. Tamén está visible a lista de usuarios.
  4. Opción de conversa pública: Ao seleccionar esta opción o panel secundario (2) amosa as distintas mensaxes dos participantes
  5. Notas compartidas: Abre no panel secundario (2) un editor compartido no que facer anotacións. Esas notas pódense descargar en distintos formatos.
  6. Usuarios: Amosa o número e a identidade dos usuarios, podendo facer distintas accións sobre cada un deles.
  7. Botóns de multimedia: Permiten xestionar o uso de audio, vídeo e pantallas compartidas durante a xuntanza.
  8. Título da sesión: Nome establecido polo usuario ao crear a sesión ou sala.
  9. Xestión dos paneis laterais: Permite amosar ou agochar os paneles laterais (2) e (3).
  10. Presentación: Inicialmente existe unha presentación por defecto pero o usuario pode engadir unha ou varias propias para amosar aos participantes. Tamén se pode ocultar picando sobre a súa esquina superior dereita.
  11. Botón de engadir: Permite crear unha enquisa, o envío dunha presentación propia (10) ou un vídeo externo para compartir cos participantes.
  12. Menú de opcións: Acceso a axustes, axuda, saír da xuntanza, etc.

Mapa da aplicación



Detalles:

Mensaxe de benvida: Na configuración da sala/sesión establecese a mensaxe que aparece no panel despregable (2). Existe unha mensaxe por defecto por se non se configurou.

Botóns multimedia (7):

  1. Activar/desactivar micrófono: Permite xestionar o uso do son. É preferible activar o micrófono únicamente cando se interveña na xuntanza, evitando ruidos innecesarios.
  2. Abandonar/unirse ao son: Ao premer nel mantémonos na xuntanza pero sen comunicación sonora cos participantes. Pódese manter a visualización da presentación, dos vídeos, participación en enquisas, conversa pública, etc.
  3. Activar/desactivar videocámara: Controla a compartición da imaxe da cámara propia.
  4. Compartir pantalla:  Controla a opción de amosar a propia pantalla ou algunha das ventás abertas no ordenador propio cos demais participantes.

NOTA: É preciso conceder permisos ao navegador cando o solicite para o acceso ao micro, á cámara e as pantallas para poder facer uso destas funcionalidades.

Botón de engadir "+" (11) Permite tres opcións:

  1. Iniciar enquisa: O moderador pode solicitar algún tipo de resposta aos participantes para obter opinión e retroalimentación deles.
  2. Enviar presentación: Permite enviar un documento propio (ou varios) para utilizar como presentación e compartila con todos os participantes. Unha vez enviados os documentos se pode escoller en cada momento o que se quere visualizar.
  3. Compartir un vídeo externo: Permite introducir a URL (enderezo) dun vídeo accesible a través de internet, como pode ser un de Youtube ou Vimeo, para compartir na xuntanza.

Last modified: Thursday, 6 May 2021, 5:30 PM