Inicio dunha xuntanza en BigBlueButton.
Para acceder á sala/sesión que xa está creada picamos no título coma en calquera outra actividade. Aparecerá a información da sala/sesión e un botón para iniciala.
Primeiramente
aparece unha ventá para escoller o acceso con micrófono ou en modo
oínte. Habitualmente o profesor utilizará o micrófono durante a xuntanza
polo que ao picar nesa opción farase unha proba de son. O seu navegador solicitará permiso para o acceso ao micrófono do equipo.
Atención: É
fundamental conceder este permiso. É moi frecuente non activar
correctamente o acceso ao micro ou á cámara co que non se poderá
utilizar ese recurso nese caso.
Se non vemos a solicitude de
permiso ou se con posterioridade a acceder queremos modificar os
recursos concedidos farémolo picando nas iconas que aparecen á esquerda
da URL, na parte superior da imaxe.
Comprobado o funcionamento do son accédese á sala/sesión que aparece coa pantalla diferenciada cos seguintes elementos.
- Panel principal: É o espazo onde aparecerá a presentación e a imaxe dos participantes. Tamén se empregará como área de traballo.
- Panel despregable secundario:
É un panel onde ver e editar as conversas ou as notas compartidas,
segundo o que se seleccione no menú (3). Tamén aparece a mensaxe de
benvida da sesión.
- Panel de menú e usuarios: Neste
panel podemos escoller a opción que se amosará no panel secundario (2),
que pode ser a conversa pública ou as notas compartiadas. Tamén está
visible a lista de usuarios.
- Opción de conversa pública: Ao seleccionar esta opción o panel secundario (2) amosa as distintas mensaxes dos participantes
- Notas compartidas: Abre no panel secundario (2) un editor compartido no que facer anotacións. Esas notas pódense descargar en distintos formatos.
- Usuarios: Amosa o número e a identidade dos usuarios, podendo facer distintas accións sobre cada un deles.
- Botóns de multimedia: Permiten xestionar o uso de audio, vídeo e pantallas compartidas durante a xuntanza.
- Título da sesión: Nome establecido polo usuario ao crear a sesión ou sala.
- Xestión dos paneis laterais: Permite amosar ou agochar os paneles laterais (2) e (3).
- Presentación:
Inicialmente existe unha presentación por defecto pero o usuario pode
engadir unha ou varias propias para amosar aos participantes. Tamén se
pode ocultar picando sobre a súa esquina superior dereita.
- Botón de engadir: Permite crear unha enquisa, o envío dunha presentación propia (10) ou un vídeo externo para compartir cos participantes.
- Menú de opcións: Acceso a axustes, axuda, saír da xuntanza, etc.
Detalles:
Mensaxe de benvida: Na configuración da sala/sesión establecese a mensaxe que aparece no panel despregable (2). Existe unha mensaxe por defecto por se non se configurou.
Botóns multimedia (7):
- Activar/desactivar micrófono: Permite xestionar o uso do son. É preferible activar o micrófono únicamente cando se interveña na xuntanza, evitando ruidos innecesarios.
- Abandonar/unirse ao son: Ao premer nel mantémonos na xuntanza pero sen comunicación sonora cos participantes. Pódese manter a visualización da presentación, dos vídeos, participación en enquisas, conversa pública, etc.
- Activar/desactivar videocámara: Controla a compartición da imaxe da cámara propia.
- Compartir pantalla: Controla a opción de amosar a propia pantalla ou algunha das ventás abertas no ordenador propio cos demais participantes.
NOTA:
É preciso conceder permisos ao navegador cando o solicite para o acceso
ao micro, á cámara e as pantallas para poder facer uso destas
funcionalidades.
Botón de engadir "+" (11) Permite tres opcións:
- Iniciar enquisa: O moderador pode solicitar algún tipo de resposta aos participantes para obter opinión e retroalimentación deles.
- Enviar presentación: Permite enviar un documento propio (ou varios) para utilizar como presentación e compartila con todos os participantes. Unha vez enviados os documentos se pode escoller en cada momento o que se quere visualizar.
- Compartir un vídeo externo: Permite introducir a URL (enderezo) dun vídeo accesible a través de internet, como pode ser un de Youtube ou Vimeo, para compartir na xuntanza.