Para crear unha actividade de videoconferencia procedemos como para engadir calquera outro tipo de actividade ou recurso.

Primeiramente deberemos ter activada a edición para que nos permita facer modificacións no curso.

Activar edición no menú do curso

A seguir, buscaremos o tema ou sección onde a queremos incluir.

  • Podemos ter unha única actividade de BBB (sesión ou sala) que utilizaremos cantas veces sexan precisas ao longo do ano. Nese caso a engadiremos preferentemente na sección Xeral do encabezamento.
  • Podemos crear distintas sesións/salas para distintas semanas ou temas. Nese caso a engadiremos no tema ou sección que lle corresponda.


Pulsamos a opción "+ Engadir unha actividade ou recurso" escollendo o tipo de actividade "BigBluButtonBN" na ventana emerxente. Menú de selección para engadir actividade BBB

Accedemos ao formulario de creación da sesión pulsando Engadir. Teremos entón que cubrir os datos principais de configuración da sesión:

  • Tipo de instancia: Aínda que o valor por defecto é "Sala/actividade con gravacións" non será posible gravar a sesión.
  • Nome da aula virtual: Título descriptivo para identificala, tendo especial esmero no caso de ter múltiples sesións dentro do mesmo curso.
  • Enviar unha notificación: Marcando esta casiña o alumnado matriculado no curso recibirán notificación da creación da sesión.
  • Mensaxe de benvida: Para personalizar a mensaxe que BBB presenta por defecto ao acceder á sesión.
  • Agardar polo moderador: De estar activada esta opción os alumnos non poden acceder á sala/sesión en tanto un moderador (normalmente o profesor) non estea presente.
  • Programa da sesión: Podemos marcar a data e hora de inicio e remate da sesión. De facelo, esa información quedará recollida no calendario do curso. Mentres non se cumpra a hora de inicio, nen sequera o moderador poderá iniciar a sesión.

    Configuración da programación da sesión.


Con eso estaríamos listos para Gardar os cambios tendo xa unha sala para videoconferencias.


Última modificación: xoves, 6 de maio de 2021, 5:31 PM