3.2. SEGUNDO O OBXECTO[1]:

Atendendo ao tipo de produto que se publicite podemos clasificalo en tanxibles e intanxibles

1. Tanxibles

Pódense ver e tocar, e subdivídense en:

1.1 Produtos de consumo, dirixidos á persoa consumidora ou cliente final. A mensaxe adáptase a cada situación particular de consumo de cada produto. Diferéncianse en:

  • Produtos de primeira necesidade ou de uso cotiá que requiren unha compra periódica porque se acaban ou caducan (diaria, semanal, mensual). Por exemplo, pan, deterxente, produtos de hixiene persoal, etc. Por tratarse de produtos pouco diferenciados, a persoa que compra merca outro parecido se non atopa o que busca, a publicidade vai encamiñada a diferenciar a marca, darlle notoriedade, novidade e sinalando as vantaxes. Búscase a fidelidade da persoa consumidora.

  • Produtos de impulso, ou caprichos que a persoa que compra se permite de vez en cando, non están na lista da compra pero son unha tentación á que sucumbir: doces, aperitivos, música, etc. Apreza a marca e coñece ben o produto. O problema é que se sinte culpable cando o merca, por iso van acompañados de mensaxes de reafirmación da personalidade e de recordo de que o merece (Exemplo: “Porque tú lo vales”, de Loreal)

 

                  Loreal Loreal Loreal Loreal

       

  • Produtos de alto prezo, que supoñen grandes compras nun momento determinado da vida, o coche e a vivenda. Son bens de longa duración sobre os que a persoa que compra se informa e consulta. Busca unha compra adaptada ás súas necesidades e tamén ás súas aspiracións de calidade, estilo e prezo. A publicidade mostra información detallada e comparada, coidando a imaxe do produto e a fiabilidade do servizo.

 

                        Mercedes Mercedes Mercedes Mercedes

          

Produtos de estatus. Son referencias, símbolos de grupo admirados pola súa imaxe de luxo. O público coñéceos pola marca (Rolex, Mercedes, Louis Vuitton). A persoa que compra está disposta a pagar un alto prezo por eles e a que os demais saiban que os consume. As mensaxes dos anuncios versan sobre o prestixio da marca e o grupo social que os elixe.   

                                                   Loewe  Hublot

  

Produtos especializados. A gama máis alta do mercado. Permiten á persoa usuaria obter os mellores resultados posibles, como por exemplo a cámara dun fotógrafo profesional ou a roupa dun deportista. A publicidade destaca os logros que se poden conseguir e soe apoiarse na recomendación dun gran especialista que use o produto.

Produtos non buscados. Son unha novidade e adquírense por curiosidade ou porque poden ser moi útiles. Só se compran cando se atopan. Exemplo: os produtos da “Teletienda”, Os anuncios teñen que chamar a atención e espertar o interese e o desexo de posuílos.

Hai que ter en conta que un produto pode pertencer a varias de estas categorías. Por exemplo, un pantalón vaqueiro é un produto funcional e pode ser un produto de estatus.

1.2 Produtos industriais, que forman parte do proceso de producción e están destinados a empresas ou profesionais. Os anuncios destacan as súas vantaxes, solucións e fórmulas de compra e contratación.

                                                                    Dermup                             

2. Intanxibles

Son os servizos prestados polas Administracións, empresas públicas ou privadas, ou ideas. A súa publicidade busca inspirar confianza, destacar o esforzo realizado e a evolución. Cando a campaña vai dirixida a promocionar unha organización completa falamos de Publicidade Corporativa, potenciar a súa imaxe global para crear unha boa relación.

                                    Intanxible


[1] Proyecto Media. Ministerio de Educación y Ciencia. CNICE. Coordinador: Alfeo Álvarez, J. C.: http://recursos.cnice.mec.es/media/publicidad/extras/docente/index.htm

 

 

                                                              

 

                                                                        

 

 

Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM