Frases e frases 2
Este tipo de páxina permite crear actividades de tradución, dictado, etc.
En cada “Frase” temos tres elementos a definir:
- No rectángulo verde o arquivo de son en formato mp3 que se escoitará ao premer na actividade.
- Seguidamente a frase que terá que escribir o usuario.
- E por último a parte de texto que estará visible no botón (pode ser unha pregunta, o inicio do dictado,…)
O son debes poñelo en formato mp3. Podes usar o gravador de sons de Windows ou o programa gratuito de código libre Audacity e logo convertir o resultado de .wav a mp3 co programa tamén gratuito CDex.
Novidade versión 3.2:
Esta versión engade outro tipo de páxina "Frases 2" que amplía as posibilidades con ata 5 frases.
1. Imaxe. Arrastre desde "recursos"
2. Caixa para poñer sons.
3. Texto , que pode ser visible ou non en función do formato da actividade. Se activa "Escribir" ( número 4 na imaxe ) producirá unha actividade , no caso contrario o resultado será unha páxina con información.
Exemplo:
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM