Exportar o noso libro
Presta moita atencion porque, xunto coa tarefa de definir o directorio de recursos, a acción de exportar é vital para traballar co noso libro.
Temos que definir un "cartafol de destino" para indicar onde queremos exportar o libro.
Tamén é importante indicar un nome en "Cartafol de recursos" para que o editor cree un cartafol onde gardar todos os arquivos multimedia (imaxes, sons, animacións, videos, textos,...) utilizados no libro, e o resultado final quede máis organizado.
Podemos activar a casiña para empaquetar en formato ZIP e un nome do directorio de imaxes da axuda no caso de crear unha axuda para o libro.
Prememos en publicar para finalizar a exportación. Xa podemos ir a Vista Previa para ver o resultado final no teu navegador web.
Podes abrir un libro gardado en calquera formato, pero só pode mostrar en internet un libro exportado.