Fondo transparente nunha imaxe
É moi importante utilizar un programa de edición de imaxes para redimensionalas, recortalas, optimizalas, retocalas e convertilas ao formato que desexemos (lembra de LIM traballa con imaxes en formato .jpg, .gif e .png). O programa comercial máis coñecido é o Photoshop, aínda que nós recomendamos o GIMP (Programa de Manipulación de Imaxes GNU) por ser software libre e polo tanto completamente gratuito e atoparse na nosa lingua.
Podes ler máis sobre o GIMP na Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/GIMP
Unha das utilidades máis interesantes é a posibilidade de poñerlle o fondo transparente ás nosas imaxes. Podes ver un videotitorial de como facelo co GIMP clicando na imaxe:
(ou descargar o zip do minititorial aquí )
Aínda así, se sigues prefirindo o Photoshop, tamén podes ver o proceso de poñerlle o fondo transparente a unha imaxe co seguinte videotitorial: