Contidos a desenvolver
Este día o adicaremos ao entorno gráfico de escritorio Gnome, o entorno máis popular a día de hoxe.
Entre os contidos a desenvolver están os seguintes:
Unha delas é, obviamente, a documentación do propio proxecto Gnome. Podedes vela en liña aquí (existe páxina equivalente en galego, mais so están traducidos 2 dos 8 apartados).
Se queredes, tamén podedes descargaros esta documentación para vela en PDF aquí.
Tamén moi completa é a axuda que temos da propia Ubuntu no propio escritorio. Podes acceder a ela en Sistema -> Axuda e asistencia técnica.
Nesta sesión iremos practicando todos estes contidos a medida que os vaiamos expoñendo.
Entre os contidos a desenvolver están os seguintes:
- Inicio de sesión. Técnicas básicas. Vista xeral do Escritorio.
- Configuración do sistema:
- Actualización de sóftware
- Instalación de paquetes extra (códecs, paquetes de idioma, etc.)
- Creación de usuarios
- Instalación de periféricos: Impresoras e escáners.
- Árbore de directorios: directorio raíz, /home, /usr/bin (aplicativos), /media e outros.
- Configuración de preferencias de usuario:
- Apariencia: Tema, Fondo e protector de pantalla, tipo de letra, etc.
- Aplicativos de inicio e aplicativos preferidos.
- Atallos de teclado
- Monitores
- Configuración de teclado
- Engadir paneis e engadir elementos a estes.
- Crear, borrar, copiar, mover e renomear cartafoles e ficheiros en Gnome. Permisos de arquivos.
- Trabar a pantalla, rematar sesión, suspender, hibernar e apagar/reiniciar sistema.
Unha delas é, obviamente, a documentación do propio proxecto Gnome. Podedes vela en liña aquí (existe páxina equivalente en galego, mais so están traducidos 2 dos 8 apartados).
Se queredes, tamén podedes descargaros esta documentación para vela en PDF aquí.
Tamén moi completa é a axuda que temos da propia Ubuntu no propio escritorio. Podes acceder a ela en Sistema -> Axuda e asistencia técnica.
Nesta sesión iremos practicando todos estes contidos a medida que os vaiamos expoñendo.
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM