Idea de como importar os alumnos dende un EXCEL


Aquí vai unha idea para importar os alumnos.

Para crear o arquivo .txt podemos utilizar por exemplo o Bloc de Notas.

O máis importante é non esquecer a primeira liña (similar ó arquivo de exemplo).

Se partimos dun arquivo EXCEL, podemos utilizar copiar (control + C ) / pegar (control + V) para copiar ás columnas que nos interesen.

Polo tanto :

1. Colocar as columnas do EXCEL tal e como nos interesan,
2. Crear unhas columnas intermedias con , en cada unha das casillas.
3. Crear o documento .txt no Bloc de Notas ca primeira fila tal é como está no arquivo de proba.
4. Copiar as columnas q nos interesen do EXCEL.
5. Pegar no Calc.
6. Revisar que todo sexa correcto.
7. Importar en moodle.

Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM