Distintos recursos en moodle
Recursos en Moodle
En moodle podemos engadir distintos recursos:
-
Páxina de texto: Unha páxina de texto é un texto normal mecanografado sen formato (texto plano), é dicir, sen ningún tipo de estilos (grosa, cursiva...) e sen estruturas (listas, táboas...). Pode conter HTML.
-
Páxina web (HTML): Permite crear complexos documentos que poden ser interpretados por un navegador web. Este editor ten un aspecto moi similar ao dun procesador de textos e dispón dunha barra de ferramentas que facilita a aplicación do formato ao texto e a incorporación de táboas, imaxes, enlaces, etc. Anteriormente vimos unha descrición deste editor. Tanto a páxina de texto como a páxina web son dous recursos moi axeitados para publicar todo tipo de contidos.
-
Enlazar un arquivo ou un sitio web:
O contido dun curso non sólo se limita aos creados mediante os editores de Moodle. O profesor pode enlazar un recurso a calquera páxina ou arquivo da Web pública ou a calquera páxina web ou outro arquivo subidos previamenta á zona de aloxamento dos arquivos do curso.
As páxinas web normais amósanse tal cual, pero os arquivos multimedia son tratados dun xeito intelixente e poden incrustarse dentro dunha páxina web. Por exemplo, os arquivos mp3 poden amosarse empregando un reproductor incorporado, así como os arquivos de vídeo, animacións flash, etc.
-
Amosar un directorio: O recurso Directorio amosa a páxina do xestor de ficheiros de Moodle onde se atopa unha carpeta que contén un listado de arquivos (documentación multimedia, software, etc.). Os estudantes poden acceder a esa carpeta, ver tódolos seus arquivos e navegar por eles. Resulta moi útil se dita carpeta contén un elevado número de ficheiros que sería tedioso enlazar una a un como recursos.
-
Etiquetas: As etiquetas son pequenos fragmentos de texto, gráficos ou elementos multimedia que se colocan na páxina principal do curso para dar unha estrutura lóxica e xerarquizada ao curso, identificando as seccións e os bloques de actividades, tal e como se amosa na seguinte imaxe.