Folla de ruta - "Comunicación lingüística, poética e retórica"

Presentación do tema

Estas dúas semanas tentaremos facer un percorrido lingüístico, sociolingüístico, literário e retórico do repente galego. Farémolo desde un punto de vista comunicativo e práctico. Debateremos sobre se a habilidade para improvisar é innata ou se pode aprender. Teremos acceso a un curso de regueifa para crianzas, para quen estea a dar os primeiros pasos co repente e, da man de dúas regueifeiras de 7 e 6 anos, aprenderemos un segredo da técnica do imnproviso. Ademais, teremos de man textos explicativos de apoio. 

Despois desta introdución, pasaremos a coñecer os principios da Regueifesta, através dun Decálogo onde se condensan as nosas ideas clave. E aprenderemos a regueifar sen sexismo nin homofobia nos versos. 

Teremos en conta a importancia deste ámbito para impulsar o proceso de revitalización da lingua, con atención especial á creación através dun modelo de lingua o máis libre de castelanismos que poidamos impulsar colectivamente. 

Finalmente, teremos que entregar dous traballos, nos que aplicar o que aprendemos neste tema. 


Obxectivos

Competencias profesionais docentes e obxectivos para estas dúas semanas seguindo o modelo competencial da Rede de Formación:

Competencia: Dentro das Competencias Xenéricas de Perfil tentaremos achegarnos á de Educador/a guía no proceso de aprendizaxe, Investigador/a e innovador/a, Especialista na materia, Comunicador/a en lingua materna e Competente en TIC.

Ademais, neste tema desenvolveremos subcompetencias en destrezas comunicativas verbais.

Obxectivos: Valorar as posibilidades que ten a improvisación oral en verso como canalizador competencial. Reflexionar sobre a dimensión comunicativa do repente galego especialmente no que ten a ver con valores éticos da comunicacion e corrección lingüística.

.

  • No foro    "Que modelo de lingua para o repente galego?" podemos intercambiar ideas e, se xorde, debatir coas compañeiras e compañeiros do curso para madurar as nosas ideas sobre se é importante facer da regueifa un entorno de creación lingüística de calidade.
  • No foro   "Os valores éticos do repente galego" podemos intercambiar ideas e estratexias para favorecer a actualización dos valores que queremos traballar neste campo de comunicación social e formación persoal.

Actividades iniciais preparatorias deste tema.

Analizaremos os nosos precoñecementos através dun cuestionario de autoavaliación. Nesta avaliación inicial anticiparemos os temas clave deste bloque. 

 


Paquete de contidos HTML    

Neste paquete poderedes atopar diversa información sobre:

  • Unha avaliacion inicial onde aparece información sobre diglosia, modelo de lingua, linguaxe non sexista e composición poética
  • Actividades de autoavaliación.
  • Información sobre algúns improvisadores galegos como Antonio de Louzarela, Suso de Xornes e Antonio de Xornes.
  • Unha Guia para aprender a regueifar, desde o punto de vista formal e de creación poética.
  • Vídeos explicativos sobre diferentes aspectos creativos.
  • Un Decálogo sobre estilo e valores do proxecto educativo Regueifesta.
  • Un Manual de Repente non Sexista e unha actividade contra a homofobia.

Actividades

Estas son unha serie de actividades que non computan para a cualificación final, pero necesarias para saber realizar as Tarefas obrigatorias no senso de que si computan para a cualificación.


Icona de avaliación das tarefas

Avaliaremos e cualificaremos este bloque con:

  •    Dúas Tarefas: unha entrega dun arquivo sonoro e un texto escrito e un texto de análise sobre un vídeo de Antonio Río, o Ribeira de Louzarela, e Alba María.
Última modificación: mércores, 15 de febreiro de 2017, 9:57 PM