Nestas semanas...

Folla de ruta - "Presentación Curso"

Presentación do tema

A primeira semana do curso adicarémola a familiarizarnos co entorno da aula virtual botándolle unha ollada xeral ao curso. Podes ver todos os bloques do curso, se ben os seus contidos, actividades, tarefas... están ocultos polo de agora. Podes consultar as súas "Follas de ruta", nas que atoparás información sobre eles.Adica algún tempo a ler as especificacións do proxecto final que deberemos facer e entregar. Isto axudarache a ver o traballo que ao longo destas semanas iremos desenvolvendo.

Convén coñecer e aplicaras normas de comunicación no mundo virtual ou  Netiqueta  que atoparás resumidas nun pequeno paquete de contidos.

Nas semanas sucesivas, abriranse os contidos, as actividades, tarefas, ... de cada bloque do curso. 

Como tarefa, este bloque supón dúas horas do total de este curso virtual. Aproveita para actualizar o teu perfil en Platega e fai a túa presentación á comunidade de aprendizaxe deste curso. Esta tarefa é imprescindíbel para continuar no curso. De no facela no prazo sinalado causaría baixa e entraría outra persoa da lista de espera.


  Foro de dúbidas sobre o comezo e presentación do curso.

 

 


Paquete de contidos HTML    

Neste paquete poderedes atopar información de como vai a ser o curso. Estrutura e organización dos temas e o que imos facer no Proxecto Final.


Actividades

Esta  actividade non computa para a cualificación final, pero é necesaria para saber continuar avanzando no curso. 

  •  Actividade - "Actualizar o perfil de usuario na aula virtual de Platega"

Icona de avaliación das tarefas

Avaliaremos e cualificaremos estes desempeños e tarefas:

  •   Normas de Netiqueta na rede                                                                                                          
  •   Foro de presentacións en verso de cada un dos participantes.
Última modificación: luns, 20 de febreiro de 2017, 9:50 PM