7.1. MARCO LEGAL DA PUBLICIDADE EN GALICIA

En canto a normativa que regula a publicidade en Galicia, non hai unha normativa específica para a Comunidade Autónoma, senón que temos que remitirnos ás estatais.

As disposicións xurídicas existentes, regulan o feito, o proceso e as consecuencias da publicidade.

Xa nos anos 60 créase a norma xeral que regula a actividade publicitaria, a lei 61 do 11 de xuño de 1964: Estatuto da Publicidade.

Os principios básicos do Estatuto da publicidade son:

  • Legalidade

  •  Veracidade

  •  Autenticidade

  •  Libre competencia

Nos anos 80 elabórase a lei xeral de publicidade (Ley 34/1988, del 11 de noviembre, General de Publicidad), que respecta os principios do Estatuto do 64. Nesta lei regúlase “o que se pode e o que non se pode facer” en publicidade. Prohíbese a Publicidade Ilícita. Regulado polo dereito publicitario, e desde o 1996 polo Código Penal. Os supostos de publicidade enganosa poden ser un ilícito civil, pero tamén penal.

A lei xeral de publicidade define a publicidade ilícita por primeira vez, como:

Titulo II, artigos 3 e 8: definición de publicidade ilícita

                “a que atenta contra a dignidade da persoa ou vulnera os dereitos recoñecidos na Constitución, especialmente no que se refire a infancia, xuventude e muller”.

                “a publicidade enganosa, desleal, subliminar e aquela que infrinxa o disposto na normativa que regula a publicidade de determinados produtos, bens e actividades ou servizos[1]”.

As disposicións xurídicas existentes, regulan o feito, o proceso e as consecuencias da publicidade.

Xa en decembro do 2009, a "Ley 29/2009, de 30 de diciembre, por la que se modifica el régimen legal de la competencia desleal y de la publicidad para la mejora de la protección de los consumidores y usuarios" regula a competencia desleal, a publicidade e a protección dos consumidores e o comercio minorista e que ten por obxecto a protección da competencia no interés de todos os que participan no mercado, e a tal fin establece a prohibición dos actos de competencia desleal, incluída a publicidade ilícita nos termos da "Ley General de Publicidad".

 Así, calquera persoa que resulte afectada ou detecte calquera das accións derivadas da competencia desleal, poderá denuncialas ou noticalas polas seguintes vías:

  • O Instituto Galego de Consumo (www.igc.xunta.es), na comunidade autónoma de Galicia; no Instituto Nacional de Consumo (www.consumo-inc.es), a nivel estatal ou nos organos correspondentes en cada comunidade autónoma, a través de unha folla de reclamacións ou do teléfono gratuíto (en Galicia 900 23 11 23).
  • As asociacións de consumidores e  usuarios tales como:

Organización de Consumidores e Usuarios (OCU)

FACUA-Consumidores en Acción

  • As entidades de outros Estados membros da Comunidade Europea incluídas na lista publicada a tal fin no Diario Ofical de cada comunidade autónoma.

Os principais anunciantes, axencias e medios de comunicación, crearon en 1995 unha asociación sen ánimo de lucro denonimada AUTOCONTROL que se encarga de xestionar o sistema de autorregulación publicitario español.

Unha das actividades máis importantes de Autocontrol é a que pon ao servizo da sociedade unha ferramenta áxil e eficaz para resolver as súas reclamacións contra anuncios concretos e lograr así unha publicidade máis responsable.

Tanto particulares e asociacións de persoas consumidoras (estes de forma gratuíta), como empresas poden presentar unha reclamación cando consideren que unha publicidade vulnera as normas de boas prácticas. O Xurado, formado por expertos independentes, resolve o conflito extraxudicialmente, determinando se se infrinxiu algunha norma.



[1] Lei 34/1988, de 11 de novembro, Xeral de Publicidade:Título II, artigos 3 e 8: definición de publicidade ilícita

Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM