Glosario da Unidade 8
Caratteri speciali | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TUTTI
Pagina: 1 2 (Successivo)
TUTTI
A |
---|
AcosoIntimidación ou persecución cara a unha persoa abusando dunha situación de poder. Se persegue fines sexuais falamos de acoso sexual.
| |
D |
---|
E |
---|
Explotación sexualCoñecida tamén como proxenetismo é unha actividade ilegal que en España está castigada con penas de entre dous e catro anos de cárcere. É o emprego da violencia ou intimidación para obrigar a unha persoa -habitualmente mulleres menores- a realizar actividades sexuais para obter un beneficio económico.
| |
H |
---|
Humor machistaÉ o humor que denigra, infravalora ou ridiculiza ás mulleres mediante o emprego de tópicos ou estereotipos machistas.
| |
I |
---|
Indefensión aprendidaÉ un proceso psicolóxico mediante o cal unha persoa "aprende" a comportanse de xeito pasivo ante a sensación de non poder facer nada para cambiar a situación. É un comportamento típico en vítimas de violencia de xénero.
| |
InvisibilizaciónTamén chamado ocultación, é un proceso cultural mediante o cal se omite a presenza dun determinado grupo social: mulleres, minorías sexuais e raciais, persoas pobres... son obxecto frecuente de procesos de ocultación.
| |
M |
---|
MaltratadorÉ a persoa que trata con crueldade ou desconsideración a unha persoa ou animal. | |
MicromachismoRefírese a un tipo de violencia "blanda" ou de baixa intensidade pero persistente. Forman parte da socialización de mulleres e homes, polo que soen pasar desapercibidos, minando pouco a pouco a autonomía e autoestima das mulleres. Exemplos de micromachismos son ubicar os cambiadores de bebés nos baños das mulleres ou xuzgar ás mulleres que ocupan cargos políticos pola súa vestimenta.
| |
P |
---|
ProstituciónÉ unha práctica que consiste na realización de prácticas sexuais a cambio de diñeiro ou outros beneficios. | |
Publicidade sexistaÉ a publicidade que amosa imaxes baseadas en roles e esterotipos de xénero e que á súa vez contribúe a estendelos e transmitilos.
| |
Pagina: 1 2 (Successivo)
TUTTI