Glosario da Unidade 5
Glosario da Unidade 5
Spécial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | Tout
A |
---|
AsexualidadeÉ a falta de atracción sexual cara a outras persoas. | |
B |
---|
BisexualidadeÉ a atracción romántica e sexual que se sinte cara a persoas de ambos sexos. | |
C |
---|
CoitocentrismoÉ a tendencia cultural a crer que o coito ou penetración debe ser o centro da práctica sexual. | |
D |
---|
E |
---|
Enfermidades de transmisión sexual (ETS's)Son infeccións que se transmiten dunha persoa a outra a través do contacto sexual. Poden ser causadas por bacterias, hongos, parásitos e virus. Habitualmente trátanse con antibióticos pero non hai cura para os virus como o VIH ou SIDA. As ETS afectan tanto a homes como mulleres pero as consecuencias poden ser máis graves para as mulleres. Ademais, unha ETS durante o embarazo pode causar dano ao bebé. | |
Estereotipos de xéneroSon falsas crenzas ou ideas, fortemente arraigadas na sociedade, sobre como son ou se comportan as persoas según sexan mulleres ou homes. Un exemplo é a idea de que os homes son racionais e fortes e as mulleres sensibles e frívolas. | |
H |
---|
HeterosexualidadeÉ a atracción sexual e romántica que se sinte cara a persoas do sexo contrario. | |
HomosexualidadeÉ a atracción sexual e romántica que se sinte cara a persoas do mesmo sexo. | |
I |
---|
Identidade de xéneroTamén coñecido como "sexo sentido", é o sentimento profundo que temos as persoas de que somos homes, mulleres, ambos á vez ou ningún dos dous. Usualmente este sentimento nace ao redor dos 3 anos de vida e en ningún caso é unha elección ou unha preferencia . Denomínase cisxénero ás persoas cuxa identidade de xénero coincide coa que lles foi asignada ao nacer (mediante a lectura dos xenitais externos). No caso contrario denomínase transxénero. | |
Identidade sexualÉ a percepción que unha persoa ten do seu propio corpo a partir da lectura que fai dos seus xenitais externos. | |