Glosario da Unidade 1


Browse the glossary using this index

Special | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | ALL

Page:  1  2  (Next)
  ALL

A

Question:

Antropoloxía

(Last edited: Thursday, 31 January 2019, 11:35 AM)
Answer:

Ciencia que estuda os comportamentos sociais e culturais dos grupos humanos ao longo da historia.


C

Question:

Cristianismo

(Last edited: Thursday, 31 January 2019, 11:35 AM)
Answer:

Relixión monoteísta que se basea nas ensinanzas e a difusión da mensaxe de Xesús de Nazaret. Xeograficamente é a relixión máis extendida e unha das máis numerosas en canto a número de fieis. Dentro dela hai diferentes grupos, sendo os mais numerosos a igrexa católica romana, a ortodoxa oriental e a protestante. É a relixión máis practicada na sociedade occidental.


H

Question:

Heteropatriarcado

(Last edited: Thursday, 31 January 2019, 11:35 AM)
Answer:

É o tipo de sociedade onde os varóns heterosexuais son o grupo que ostenta o poder político, económico e social.


Question:

Homoerotismo

(Last edited: Thursday, 31 January 2019, 11:35 AM)
Answer:

Enténdese como o desexo sexual cara persoas do mesmo sexo.


Question:

Homosexualidade

(Last edited: Thursday, 31 January 2019, 11:35 AM)
Answer:

Orientación sexual que se basea na atracción física e emocional por persoas do mesmo sexo.


M

Question:

Minoría sexual

(Last edited: Thursday, 31 January 2019, 11:35 AM)
Answer:

É un grupo de persoas cuxa identidade de xénero ou orientación sexual difiren das da maioría da poboación.


N

Question:

Neolítico

(Last edited: Thursday, 31 January 2019, 11:35 AM)
Answer:

Período da prehistoria que se inicia hai uns dez mil anos. O Neolítico caracterízase fundamentalmente polo desenvolvemento da agricultura e gandeiría, que darían lugar ao sedentarismo dos grupos humanos.


O

Question:

Orientación sexual

(Last edited: Thursday, 31 January 2019, 11:35 AM)
Answer:

Denomínase así a atracción emocional, romántica, afectiva ou sexual que se sinte de xeito duradeiro cara outras persoas.

Algunhas delas son: heterosexualidad (atracción cara a persoas do sexo contrario), homosexualidade (atracción cara a persoas do mesmo sexo), bisexualidade (atracción cara a persoas de ambos sexos), pansexualidade (atracción cara a persoas independentemente do seu sexo e xénero) e asexualidade (falta de atracción e desexo sexual).


P

Question:

Patriarcado

(Last edited: Thursday, 31 January 2019, 11:35 AM)
Answer:

É unha forma de organización social na que os homes ostentan o poder político, social, económico, relixioso...


Question:

Plebe

(Last edited: Thursday, 31 January 2019, 11:35 AM)
Answer:

Nas civilizacións antigas (Grecia e Roma) denominábase así ao grupo social formada pola xente común do pobo, para diferencialos da nobreza.



Page:  1  2  (Next)
  ALL