Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

T

Teito de vidro

Refírese á barreira simbólica que representa os atrancos que teñen as mulleres para alcanzar o ascenso laboral e acceder a postos directivos. Está formada por varias causas difíciles de detectar, por iso non se ven e son de cristal.


Traballo produtivo

Fai referencia ás actividades humanas que producen bens ou servizos que producen un beneficio que é intercambiado por ingresos en forma de salario.


Traballo reprodutivo

Denomínase así o conxunto de tarefas necesarias para garantir o coidado, benestar e supervivencia das persoas que conforman o fogar. Pese a producir un gran beneficio tanto a nivel social como para o Estado, carece de recoñecemento social e económico.