Glosario da Unidade 4
Glosario da unidade
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
A |
---|
AfectoÉ un sentimento durareiro que experimentamos cara a unha persoa, animal ou obxecto no contexto dunha relación. | |
B |
---|
Bos tratosSon un conxunto de prácticas e comportamentos baseados en valores de repecto, tolerancia, comprensión... cara a un mesmo/a e aos demais. | |
C |
---|
ConflitoEnténdese como unha diferencia de intereses entre dúas ou máis persoas, que de non resolverse satisfactoriamente pode desencadear nun enfrontamento. | |
D |
---|
Dominación sexualÉ unha situación mediante a cal unha persoa ou grupo de persoas utiliza ameazas, coaccións, a persuasión ou incluso a forza física para impoñer as súas ideas, gustos ou regras no ámbito sexual. | |
E |
---|
EmociónSentimento moi intenso e de curta duración que se produce como resposta a unha situación, unha idea, un recordo... Considéranse emocións básicas as seguintes: tristeza, felicidade, medo, asco, sorpresa e ira. | |
EmpatíaÉ a capacidade de poñerse no lugar doutra persoa e ser quen de comprender as súas emocións ou sentimentos. | |
Escoita activaÉ unha habilidade que implica escoitar ao noso interlocutor con conciencia plena, centrándonos na mensaxe que nos transmite e facéndolle ver que entendemos o que nos explica. | |
Estilo asertivoÉ un estilo de comunicación que consiste en expresar unha petición, queixa, opinión... de xeito claro e concreto pero ao mesmo tempo sen resultar agresiva/o ou ameazante. Implica unha serie de habilidades como o control emocional e o manexo da comunicación non verbal. | |
N |
---|
NegociaciónÉ un proceso no que dúas ou máis persoas con diferentes intereses intercambian información e adoptan compromisos co fin de chegar a un acordo que satisfaga a todas as partes. | |