Glosario da Unidade 7
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
C |
---|
D |
---|
Declaración Universal dos Dereitos HumanosDocumento asinado polos países da Organización de Nacións Unidas, en que se recollen os principios e dereitos individuais e colectivos das democracias: dereito á saúde, á educación, á integridade física e moral, principio de non discriminación por razón de sexo, raza, relixión etc. | |
Dereitos civís e políticosDereitos que amparan a participación das persoas na xestión das sociedades democráticas, como por exemplo:
| |
Dereitos humanosSon os dereitos que toda persoa posúe en virtude da súa natureza humana, por exemplo:
| |
E |
---|
EcofeminismoÉ unha corrente do feminismo que trata de acompasar a loita polos dereitos das mulleres coa preservación da natureza e o pacifismo. | |
F |
---|
FeminaziTermo pexorativo que equipara o feminismo co nazismo. Emprégano decote colectivos antifeministas para trasladar a falsa de idea de que o feminismo é un movemento violento, que pretende a superioridade das mulleres sobre os varóns.
| |
Feminismo liberalCorrente dentro da teoría feminista cuxa figura máis representativa é Betty Friedan. Baséase na idea de que a desigualdade entre homes e mulleres débese á dicotomía entre espazo público e espazo privado, sendo este reservado ás mulleres. Avoga por conseguir a igualdade a través dunha reforma legal e política.
| |
Feminismo materialistaCorrente dentro da teoría feminista tamén coñecida como feminismo marxista. Considera que as mulleres son unha clase social máis - de sexo- creada polo patriarcado: o patriarcado emprega ás mulleres como bens de produción ao servizo do capitalismo. Avogan por erradicar o capitalismo, sistema que oprime e explota ás mulleres, e instaurar o socialismo.
| |
Feminismo racialCorrente dentro da teoría feminista que ten como máxima representante a Angela Davis. Afirma que a opresión de clase, de xénero e a racial están unidas e producen unha triple discriminacións: como muller, pobre e negra. O feminismo ha de ser interseccional e atender ademais á desigualdade por razón de raza, etnia, relixión...
| |
Feminismo radicalCorrente dentro da teoría feminista cuxa principal representante é Kate Millet. Chámase feminismo radical porque se propón buscar a raíz - a orixe última- da situación de opresión que viven as mulleres en todo o mundo. Sostén que a desigualdade é algo estrutural, que comeza no ámbito privado e esténdese ao público. Introduce termos fundamentais como patriarcado e xénero.
| |
H |
---|
HembrismoTermo pexorativo que equipara o feminismo co machismo. Emprégano decote colectivos antifeministas para trasladar a falsa de idea de que o feminismo é o contrario do machismo, é dicir, a supremacía das mulleres sobre os homes. | |
I |
---|
Igualdade formalTamén coñecida como igualdade formal. É a presenza da igualdade entre homes e mulleres na normativa, o que non asegura a igualdade real. | |
Igualdade realRealización na práctica do principio de igualdade entre homes e mulleres. | |
InterseccionalidadeEnfoque que entende que todas as identidades sociais - xénero, etnia, clase...- son construídas e están interrelacionadas. Polo tanto, á hora de analizar a discriminación ou opresión á que está sometida unha persoa habería que analizalas todas elas.
| |
M |
---|
MachismoConxunto de ideas e comportamentos que sosteñen que os homes son superiores ás mulleres. O machismo é típico das sociedades patriarcais.
| |
MisoxiniaDesprezo e odio cara as mulleres, no que se xustifican as actitudes machistas. | |
P |
---|
PatriarcadoÉ unha forma de organización social na que os homes ostentan o poder político, social, económico, relixioso...
| |
Precursoras do feminismoEtiqueta que agrupa ás persoas que expresaron opinións positivas cara as mulleres antes da Revolución Francesa, cando se inicia a primeira onda feminista. Fundamentalmente referíanse a aspectos como a capacidade intelectual das mulleres e a necesidade de proporcionarlles unha educación de calidade. Entre as mulleres precursoras do feminismo merece citarse a Safo de Lesbos ou Cristina de Pizán. Entre os homes, aos sacerdotes François Poullain de la Barre ou Benito Feijóo.
| |
Primeira onda feministaEtiqueta que agrupa ás persoas que cara a mediados do século XIX e ata despois da I Guerra Mundial, se agruparon para defender o dereito das mulleres a exercer o voto. Foron popularmente coñecidas como sufragistas.
| |
R |
---|
Roles de xéneroAs características que a sociedade nos asigna en función de se somos mulleres ou homes. O rol asignado tradicionalmente ás mulleres na nosa sociedade é o de coidadora, mentres que o rol dos homes é o de "cabeza de familia". | |
S |
---|
Segunda onda feministaEtiqueta que agrupa ás persoas que, trala II Guerra Mundial, influídas pola lectura de O segundo sexo de Simone de Beauvoir en 1949, agrúpanse para defender os dereitos das mulleres.
| |
Sociedade occidentalO conxunto de estados de Europa, en especial os de Europa occidental
| |
SufraxioDereito a votar nunhas eleccións democráticas. | |
Sufraxio universalCando todas as persoas maiores de idade teñen dereito a votar nunhas eleccións libres para escolleren os cargos políticos. | |
T |
---|
Terceira onda feministaEtiqueta que agrupa a todas as persoas que a partir dos anos 60 e 70 do século XX defenden os dereitos das mulleres a través de dúas correntes principais: o feminismo liberal e o feminismo radical. | |
TransfeminismoCorrente do feminismo que afirma que o xénero é unha contrución social que é empregado como un elemento de opresion polo patriarcado. Defenden a idea de que a discriminación non afecta só ás mulleres cisxénero.
| |