Xoves, 11 de Xullo de 2024, 00:58
Sitio: Centro Autonómico de Formación e Innovación - Aula virtual
Curso: Igualdade de xénero (Igual_xen)
Glosario: Glosario da Unidade 5
S

Sexo biolóxico

Este termo fai referencia ao sexo de nacemento, determinado por cromosomas, xenitais, hormonas e gónadas.

Pode ser feminino (cromosomas XX, ovarios, xenitais femininos, etc.), masculino (cromosomas XY, testículos, xenitais masculinos, etc.), ou intersexual (mestura de cromosomas e/ou xenitais).

Sexualidade

Concepto que engloba os comportamentos, as fantasías e emocións das persoas no ámbito do desexo e da intimidade física con outras/os.

Sociedade de mercado

É a sociedade capitalista, o sistema económico no que viven a maioría dos estados do mundo. Caracterízase pola gran importancia da propiedade privada e a busca do máximo beneficio en diñeiro.