AsexualidadeÉ a falta de atracción sexual cara a outras persoas. |
BisexualidadeÉ a atracción romántica e sexual que se sinte cara a persoas de ambos sexos. |
CoitocentrismoÉ a tendencia cultural a crer que o coito ou penetración debe ser o centro da práctica sexual. |
Dominación sexualÉ unha situación mediante a cal unha persoa ou grupo de persoas utiliza ameazas, coaccións, a persuasión ou incluso a forza física para impoñer as súas ideas, gustos ou regras no ámbito sexual. |
Enfermidades de transmisión sexual (ETS's)Son infeccións que se transmiten dunha persoa a outra a través do contacto sexual. Poden ser causadas por bacterias, hongos, parásitos e virus. Habitualmente trátanse con antibióticos pero non hai cura para os virus como o VIH ou SIDA. As ETS afectan tanto a homes como mulleres pero as consecuencias poden ser máis graves para as mulleres. Ademais, unha ETS durante o embarazo pode causar dano ao bebé. |
Estereotipos de xéneroSon falsas crenzas ou ideas, fortemente arraigadas na sociedade, sobre como son ou se comportan as persoas según sexan mulleres ou homes. Un exemplo é a idea de que os homes son racionais e fortes e as mulleres sensibles e frívolas. |
HeterosexualidadeÉ a atracción sexual e romántica que se sinte cara a persoas do sexo contrario. |
HomosexualidadeÉ a atracción sexual e romántica que se sinte cara a persoas do mesmo sexo. |
Identidade de xéneroTamén coñecido como "sexo sentido", é o sentimento profundo que temos as persoas de que somos homes, mulleres, ambos á vez ou ningún dos dous. Usualmente este sentimento nace ao redor dos 3 anos de vida e en ningún caso é unha elección ou unha preferencia . Denomínase cisxénero ás persoas cuxa identidade de xénero coincide coa que lles foi asignada ao nacer (mediante a lectura dos xenitais externos). No caso contrario denomínase transxénero. |
Identidade sexualÉ a percepción que unha persoa ten do seu propio corpo a partir da lectura que fai dos seus xenitais externos. |