Bo día!
Aproveito para engadir aquí as miñas reflexións, xa que tiven que ver o webinario de Carmen en diferido. Por certo, moitas grazas Carmen por toda a información e recomendacións que nos dás ?
Gustoume moito a recomendación de facer mini-proxectos, de curta duración. Coido que é unha boa idea. Ás veces temos en mente proxectos moi ambiciosos e moi longos, sen decatarnos de que algo breve, directo e inmediato pode ser máis atractivo e sobre todo produtivo para o noso alumnado.
Pareceume tamén moi curioso o aspecto relacionado coa motivación, como unha das vantaxes de levar eTwinning ao ensino de adultos. Sempre pensei que este tipo de actividades gusta máis entre o alumnado adolescente, pero agrádame ver que a experiencia de outros profes confirma o impacto positivo de eTwinning nun tipo de alumnado coma o noso.
Canto ás preguntas que prantexa Carmen:
- Estás rexistrado/a en eTwinning?
Si. A Escola de Santiago de Compostela está rexistrada como centro na plataforma e eu estou tamén rexistrada dende hai tempo. Porén, nunca cheguei a iniciar un proxecto porque a plataforma non é moi user-friendly, e coido que fai falla unha formación específica que aínda non tiven tempo de facer. Téñoa na miña lista!
- Con que países che gustaría traballar e por que?
Neste sentido non teño ningunha preferencia. Penso que o éxito do proxecto non depende do país participante, senón das persoas coas que se traballe. Aínda que tendemos a preferir países nos que se falan as linguas que ensinamos, coido que pode ser unha mellor opción asociarse con alumnado que, ao igual ca o noso, fale a lingua de traballo coma lingua estranxeira. Deste xeito o alumnado decátase de que os seus homólogos europeos tamén cometen fallos pero poden comunicarse perfectamente sempre que haxa ganas e ilusión ☺.
Espero ter un pouquiño de tempo no futuro para iniciar algún proxecto como os que propón Carmen.
Saúdos,
Isabel