PROXECTO SBLENDID: Foro de dúbidas e consultas

WEBINARIO semipresencial en Galicia: Preguntas pendentes

WEBINARIO semipresencial en Galicia: Preguntas pendentes

por Diana Pastoriza Espasandín -
Número de respostas: 0

Ola, bo día!

Queremos darvos grazas a todos/as por unirvos ao webinario  do pasado venres

 

 

onde tivemos o pracer de escoitar a Anabel, Laura, Susana, Nuria, Sonia, Cudi, Carmen, Marco, Isabel de la Cruz e Isabel Rama debullando diversos aspectos do ensino semipresencial aquí en Galicia. Complementariamente, subimos intervencións gravadas e quedan todas na listaxe de reprodución desa canle de Youtube.

Aproveitamos para recoller aquí algunhas preguntas que formulastes no chat e que se responderon a través do chat de Webex agás 2 que podemos abordar neste foro.Se tedes algunha outra, non dubidedes en engadilas respondendo a este fío

Grazas tamén por deixar a vosa reflexión sobre o que vos atrae máis do ensino semipresencial ou vos parece que constitúe un desafío no taboleiro (incluíndo o voso nome) para que poidamos ter constancia da vosa asistencia para o seminario de formación.


PREGUNTAS


♦ 1. Cristina González para Susana Aldao (titorización): Que duración aconsellas para os vídeos de acompañamento? Graciñas.

Susana: Como moito 5 minutos. Aínda que as veces eu enróllome de máis, pero non deben ser moi longos.

♦ 2. Rut Vázquez: E non pensastes en incorporar a plataforma dos libros dixitais dos cursos a Moodle dalgún xeito nos módulos? Enlazar dalgunha maneira ferramentas dos libros de texto nas súas plataformas coa do noso curso Moodle. Non sei se será posible pero creo que si porque se o alumnado compra o libro ten dereito a usar plataforma virtual da editorial. Todas estas actividades que estamos a crear nos nosos cursos xa as están incorporando ou as tiñan xa as plataformas virtuais das editoriais, polo menos, no caso de Italiano

Laura Torrado: Non pensamos  que fose factible por que cada EOI emprega un libro diferente e pareceunos mais doado deixalo aberto a que cada profesor puidera complementar a clase presencial co libro qque quixera

Ana María Ramos: Iso penso eu tamén, Rut. Temos libros de textos moi bos e cunhas plataformas cheas de materiais

♦ 3. Cristina Lestegás: Como traballades na aula semipresencial a oralidade, e a avaliacion? ou deixádela para a aula presencial? 

♦ 4. Tere García: ¿En esos tiempos hay que tener en cuenta alguna directriz de la Consellería o los decide la escuela, o el propio equipo docente encargado de los grupos semipresenciales? (Coido que se refería ás porcentaxes de 50% para parte presencial e a distancia).