PROXECTO SBLENDID:Foro de novas

Webinario "Taller de coavaliación en Moodle" (se non podes asistir)

Webinario "Taller de coavaliación en Moodle" (se non podes asistir)

por Diana Pastoriza Espasandín -
Número de respostas: 0

Ola, boa noite!

Queriamos por medio desta mensaxe simplemente dar resposta a unha dúbida que estamos recibindo mediante varias canles: Que facer se non podo asistir aos webinarios?

- Nos webinarios previos, algunhas persoas asistiron ao evento desde Youtube debido a dificultades técnicas e interactuaron no chat do evento. Con iso abonda como "asistencia" a través doutra canle que non é Webex . 

- No caso das persoas que non puideron asistir de forma sincrónica, como vos indicaron as coordinadoras da vosa EOI, podedes visualizalo a posteriori e deixar o voso comentario no Padlet habilitado para tal uso (se non entrades como usuarios/as rexistrados/as, asegurádevos de deixar o voso nome e apelido no comentario.

- No caso deste webinario de Paola, dado o seu carácter técnico, se vos parece ben, aquelas persoas que non poidades asistir en directo, podedes elaborar unha pequena infografía ou resumo visual dos pasos necesarios para montar un taller en Moodle, e subilo ao cartafol "Resumo taller Moodle" da Aula virtual. 

Aproveitamos a ocasión para indicarvos que tedes na Aula virtual un Curso express que nos facilito Paola con toda a información detallada e con máis recursos para completar a súa intervención de mañá.

Quixera tamén excusar a miña ausencia mañá por ter que atender a outras obrigas. Estarán convosco Alicia Eizaguirre e Cristina Villarmea, a quen coñecedes tamén polas súas intervencións nos chats de Youtube.

E por último darvos as grazas por ir paulatinamente facendo as escollas de grupo.

Saúdos e boa noite!

Diana Pastoriza