Quen é quen no repente galego?
E quen está a improvisar na Galiza na actualidade?
Até este momento xa apareceron algúns nomes do repente galego das diferentes xeracións de regueifeiros e regueifeiras, brindadores e brindadoras e rapeiros de estilo libre.
No documento adxunto podes coñecer moitas das persoas que hoxe en día están a improvisar en verso na Galiza.
Esta xente é o presente do noso repentismo.
Son protagonistas deste proceso de revitalización da regueifa. É importante que saibas desta xente porque son o motor principal do movemento.
Esta é unha actividade de lectura e visualización. Procura os seus nomes na rede. Ponlles cara. Non tes que escribir nin enviar nada.