Área 2. Libro de contidos


Introdución

📢 Dámoslle a benvida á Liña 2

No panel inferior poderá atopar información sobre as estacións que visitaremos durante o percorrido. Desexámoslle boa viaxe!

2.1 Procura e selección de contidos dixitais
Localizaravaliar e seleccionar contidos dixitais de calidade para apoiar e mellorar o ensino e a aprendizaxe. Considerar, de forma específica, o obxectivo de aprendizaxe, o contexto, o enfoque pedagóxico, o tipo de licenza e aspectos técnicos que garantan a accesibilidade universal, a usabilidade e a interoperabilidade.
2.2 Creación e modificación de contidos dixitais
Modificar e adaptar os contidos educativos dixitais respectando as condicións de uso (obras derivadas e limitacións recollidas nos dereitos de propiedade intelectual) establecidas por cada licenza. Crear novos contidos educativos dixitais de forma individual ou en colaboración con outros profesionais dentro de contornas seguras. Considerar, de modo específico, o obxectivo de aprendizaxe, o contexto, o enfoque pedagóxico e os destinatarios ao deseñar e crear ou modificar os contidos dixitais. Seleccionar as ferramentas dixitais de autor, para a creación e modificación de contidos, identificando as características técnicas e de accesibilidade e os termos de uso e a política de privacidade.
2.3 Protección, xestión e compartición de contidos dixitais
Catalogar os contidos educativos dixitais e poñelos ao dispor da comunidade educativa e do colectivo profesional utilizando contornas segurasProtexer eficazmente os contidos dixitais. Respectar e aplicar correctamente a normativa sobre propiedade intelectual e dereitos de autor na xestión e compartición de contidos dixitais.
Imaxe que amosa o itinerario da Liña 2 (Área 2)

O profesorado dispón actualmente dunha gran diversidade de contidos dixitais que pode utilizar para o ensino. Unha das competencias clave que calquera docente necesita desenvolver é poder xestionar esta variedade de contidos para identificar de forma efectiva os que mellor se adapten aos obxectivos de aprendizaxe, ao seu alumnado e ao seu estilo de ensino, estruturalos, relacionalos entre si e modificar, engadir e crear novos contidos educativos dixitais cos que apoiar a súa práctica docente.

Marshall McLuham

Esta circunstancia non fai senón recalcar o feito de que «o medio é a mensaxe» porque é o medio o que modela e controla a escala e forma das asociacións e traballo humanos.

McLuhan, 1964

Esta área inclúe tres competencias relacionadas coa procurareutilizacióncreación e compartición de contidos educativos dixitais respectando os dereitos de autor e tendo en conta que o seu uso se desenvolverá nun contexto educativo concreto atendendo as necesidades de todo o alumnado. As tres competencias que integran esta área comparten elementos comúns, desenvoltos de forma detallada na competencia 2.3, aínda que adquiran un peso distinto e requiran un desenvolvemento diferenciado en cada unha delas. Estes elementos son:

  1. Propiedade intelectual e dereitos de autor
  2. Uso de estándares
  3. Sistemas de catalogación e uso de metadatos

Infografía. Creación de contidos dixitais

Equipo de creación deste curso sobre Ponencia do GTTA para la actualización del MRCDD. CC BY-NC-SA