Introdución

Propiedade intelectual e dereitos de autor

Os dereitos de autor protexen a propiedade intelectual dunha creadora ou dun creador sobre as súas obras sempre que estas sexan orixinais. Este concepto abrangue, á súa vez, dúas entidades:

  • Dereitos morais
    Os dereitos morais son irrenunciables e relacionan a obra co seu autor por atribución do mérito na creación, permitindo decidir se a obra pode ser divulgada íntegra ou parcialmente e de que forma cómpre facelo. 
  • Dereitos de explotación
    Refírense ao dereito de lucro que un autor pode reclamar pola reprodución, distribución e transformación da súa obra. O autor pode renunciar á explotación ou delegala nun terceiro mediante unha prerrogativa que defina as condicións para as que autoriza o seu uso. Esta prerrogativa é o que coñecemos como licenza.

Laura

No día a día, cando falamos de dereitos de autor ou propiedade intelectual, en realidade estamos a referirnos aos dereitos de explotación e, por extensión, ás licenzas que regulan o seu uso. O noso deber coma traballadores públicos é facermos un uso ético e respectar as limitacións para cumprir coa lexislación vixente.

Lexislación

Na actualidade a lexislación para educación en canto ao uso ou ligazón de información ou recursos de terceiros é a seguinte:

Equipo de creación deste curso. Licenzas de uso. CC BY-NC-SA

Como xa suporás, Usuario convidado, existen certas excepcións polas que é lícito empregar unha obra protexida para fins educativos. Os dereitos patrimoniais teñen algúns límites e excepcións, establecidos en España pola Lei de Propiedade Intelectual, que equilibran estes dereitos individuais con outros dereitos colectivos e sociais como son o dereito á cultura, o dereito á información, á educación... Iso si, cómpre remarcar que falamos de excepcións, limitadas a casuísticas moi concretas e cuxos requirimentos deben cumprirse escrupulosamente.


Excepcións da lei a favor da docencia, a investigación e o acceso á cultura
Equipo de creación deste curso. Excepcións da lei a favor da docencia, a investigación e o acceso á cultura . CC BY-NC-SA

Cedec. Propiedad intelectual y Derechos de autorCC BY-SA