Área 2. Libro de contidos
2.2. Creación e modificación de contidos dixitais
Entre recursos e ferramentas dixitais
Podemos facer infinitas clasificacións dos contidos dixitais, pero centrémonos en dous grandes grupos: por unha banda, temos os recursos dixitais e por outra, as ferramentas dixitais.
Os recursos dixitais como vimos son inxentes e teñen diversa procedencia -institucións, bancos de repositorios, xornais…- e tipoloxía -audiovisuais, realidade aumentada, 360º…-, e supoñen as novas fontes de información da sociedade do coñecemento que nós como especialistas temos que filtrar para trasladar ao noso alumnado. Á súa vez, estes recursos peneirados son os contidos cos que nós e o alumnado interactuamos en propostas de actividades e estratexias activas de aprendizaxe. E como traballar con eles? A través do segundo gran grupo, as ferramentas dixitais, coas que se transforman ou modifican eses recursos xerando un novo produto e un coñecemento propio. Nesta presentación tes algunhas ferramentas de interese diferenciadas por tipoloxía:
Equipo de creación deste curso. Ferramentas para xestionar, colaborar e crear contidos. CC BY-NC-SA