2.3. Protección, xestión e compartición de contidos dixitais

Tipos de licenzas e uso ético das mesmas

Buff... e agora ademais de preparar as aulas vou ter que licenciar e atribuír todo o material que empregue? Guest user, ao inicio dos contidos desta área falamos sobre a Propiedade Intelectual mais agora imos aprender como aplicala no noso día a día.

O primiero é ter claro estes dous conceptos:

  • Licenciar unha obra: consiste en indicar o uso que queres que se lle dea á túa obra. Como quero que se use o recurso que creei?
  • Atribuír unha obra: Consiste en recoñecer a autoría dunha obra que empregamos nas nosas aulas, xa sexa como fonte de infomación ou cando integramos un recurso dentro da nosa materia.

Equipo de creación deste curso. Propiedade intelectual licenciar e atribuir obras. CC BY-NC-SA

Se queres ampliar a información sobre as licenzas de autor no ámbito educativo, non deixes de consultar o seguinte vídeo:


INTEF. Licencias de autor en el ámbito educativo. Canal de Youtube de INTEF