Área 2. Libro de contidos
Introdución
Contidos dixitais
É importante ter en conta a diferenza conceptual entre contidos dixitais, que son ficheiros con contidos que poden empregarse cun fin educativo -aínda que orixinariamente fosen elaborados con outro propósito- e contidos educativos dixitais,
que son paquetes de contidos estandarizados, identificados e catalogados para que se utilicen cun fin educativo.
Ao mesmo tempo, é importante coñecer como se deben empregar e administrar de maneira responsable os contidos dixitais,
respectando a normativa sobre dereitos de autoría e propiedade intelectual ao usalos, modificalos e compartilos.
Equipo de creación deste curso sobre Posada Prieto, F. (2012, marzo). Diseño de recursos digitales educativos. Recuperado de CanalTIC. CC BY-NC-SA
Cando se afronta unha iniciativa de pescuda, modificación ou creación de contidos educativos dixitais unha das primeiras tarefas consiste en concretar os obxectivos, contidos, competencias e criterios de avaliación que se pretenden traballar. A fonte inicial debe ser o currículo oficial e a selección debe realizarse de forma explícita porque, do contrario, é posible que o resultado non sexa facilmente aplicable no contexto de aula.
Equipo de creación deste curso sobre Posada Prieto, F. (2012, marzo). Diseño de recursos digitales educativos. Recuperado de CanalTIC. CC BY-NC-SA