3. A formación do relevo

A superficie da Terra ten forma irregular e accidentada. A todo este conxunto de formas que atopamos na superficie terrestre (cordilleiras, chairas, vales...) e que lle dan ese aspecto irregular denominámolo relevo. A súa formación é o resultado dun longo proceso de millóns de anos.

Neste proceso interviñeron:
  • AXENTES INTERNOS: movementos das placas tectónicas, volcáns, etc. Son os responsables da orixe e elevación
  • AXENTES EXTERNOS: a auga, o vento, a vexetación, a temperatura e a acción dos seres humanos. Son os responsables da erosión, é dicir, do desgaste das formas de relevo.
  • Formación do relevo
    Podes ollar esta animación que resume a formación do relevo.