Un modelo: I Encontro de Mulleres Repentistas
Na materia de "Regueifa e improvisación oral" un grupo de 17 alumnos e alumnas, coa coordenación do profesor, impulsaron a organización dun evento de repentismo, co obxectivo de visibilizar a nova xeración de mulleres regueifeiras da Galiza e sentirse parte do movemento sociocultural do repente galego. Así, desde fins de setembro de 2016 até o 28 de xaneiro de 2017 activouse o proceso de organización. E na semana seguinte fíxose avaliación da experiencia.
Aqui podes ollar algúns materiais do proceso de autoxestión desta actividade para teres en conta para a elaboración do teu Proxecto Final desde curso.
2. Como nos comunicamos?
Para a xestión dun proceso de participación social e organización dun evento non son suficientes as horas na aula (1 hora á semana na materia de Regueifa e improvisación oral en verso)
Para dispor de máis tempo é necesario crear unha dinámica de motivación para que o alumnado se implique máis alá desa hora dentro da aula.
Para iso, é fundamental o traballo con actitudes, creación de identidade grupal e estimulación do activismo.
Alén da hora de aula o alumnado máis motivado participou en tres reunións no seu tempo de lecer no recreo.
Ademais, unha ferramenta coa que contamos desde o inicio do curso é o Galegram, rede social que permite a comunicación en grupo.
O uso desta ferramenta didáctica, -con autorización das familias- e un uso titorizado, facilita a implicación do alumnado no proceso de autoxestión.