8. A avaliación e cualificación de RIOV

Aqui podes ollar, se tes curiosidade, os procedementos de avaliación e cualificación. Como verás, o traballo de participación na organización do evento de regueifa ten un valor de 2 puntos dos 10 do total.

AVALIACIÓN de REGUEIFA E IMPROVISACIÓN ORAL EN VERSO:

Que se avalía?

(Estándares de aprendizaxe)

Como se avalía?

(Procedementos e instrumentos)

Comunicación musical

Estándares RIOVB1.1.1, RIOVB1.1.2, RIOVB1.2.1, RIOVB1.2.2, RIOVB1.3.1, RIOVB1.3.2, RIOVB1.3.3, RIOVB1.3.4 RIOVB1.3.5, RIOVB1.4.1. RIOVB1.4.2. RIOVB1.5.1, RIOVB1.5.2

Observación diaria e rexistro

Prácticas orais planificadas

Rúbrica de proba de improvisación cantada en verso

Historia e actualidade do repentismo

Estándares RIOVB2.1, RIOVB2.3, RIOVB2.3, RIOVB2.4, RIOVB2.5, RIOVB2.6

Revisión do caderno

Traballos escritos (individuais ou en grupo)

Proba escrita

Comunicación lingüística, poética e retórica

Estándares RIOVB3.1.1, RIOVB31.2, RIOVB3.2.1, RIOVB3.2.2, RIOVB.3.2.3, RIOVB3.3.1, RIOVB3.4.1,

Observación diaria e rexistro

Traballos orais (individuais e en grupo)

Proba de improvisación cantada en verso

Comunicación escénica e performance

Estándares RIOvB4.1.1, RIOVB4.1.2

Observación diaria e rexistro

Traballos de práctica escénica (individuais ou en grupo)

Proba de improvisación cantada en verso

Creatividade e xestión sociocultural

Estándares RIOVB5.1.1., RIOVB5.2.1, RIOVB5.3.1

Observación diaria e rexistro

Traballos escritos (individuais ou en grupo)

CAA

Rúbrica

Criterios de cualificación:

Con carácter xeral, temos que ter en consideración que esta é unha materia que ten como obxectivo central o desenvolvemento da expresión oral improvisada en verso, así como o coñecemento da historia do repente e o desenvolvemento de procesos de xestión cultural e o traballo con valores. A materia desenvolve pois, fundamentalmente, a oralidade do alumnado.

Ao longo das avaliacións o alumnado desenvolverá actividades arredor da expresión oral e corporal, cunha especial atención á dimensión práctica, en diferentes dimensións: musical, lingüística, poética, comunicativa, performática, de xestión cultural...

Por iso no proceso de avaliación os instrumentos de cualificación terán en conta recursos innovadores como sistemas de gravación, reprodución e arquivo de voz e/ou audiovisual.

Sistema de cualificación:

1.-Probas práticas de avaliación dos estándares de aprendizaxe de Comunicación musical: 10 %

Avaliaranse através de observación diaria e unha proba de improvisación oral en verso ao final de cada avaliación (ver rúbrica)

2.-Unha proba-exame que avalía os estándares de aprendizaxe principais dos diferentes Bloques: 10%

Esta proba pode ser oral ou escrita e terá como obxectivo que o alumnado demostre o resultado da súa aprendizaxe.

Na proba os contidos terán o seguinte peso

Contidos

Comunicación musical

10%

Historia e actualidade do improviso

50%

Comunicación lingüística, poética e retórica

10%

Comunicación escénica e performance

10

Creatividade e xestión sociocultural

10%

3. -Unha proba práctica de improvisación oral en verso (ver rúbrica): 20%

4.- Avaliación da Competencia Aprender a aprender (ver rúbrica) : 20 %

Esta competencia é transversal en todas as dimensións da materia e, alén diso, valorámola de forma explícita através dun traballo en grupo de creatividade e xestión sociocultural consistente na organización dun evento, actividade ou intervención educativa e sociocultural.

5.- Prácticas na aula e traballo na casa: 20%

As prácticas na aula (10%) avaliaranse mediante observación e rexistro do profesorado e rúbricas. En cada práctica oral o profesorado explicará os criterios concretos de puntuación. Realizarase, como mínimo, unha práctica oral planificada (individual ou en grupo) por avaliación.

Realizarase traballos na casa, (10%), fundamentalmente prácticos, que o alumnado exporá nas aulas. Avaliaranse mediante un rexistro do profesorado.

6. -Traballo escrito de investigación individual: 20 %

Recollerase un traballo individual escrito, sonoro ou audiovisual, por avaliación relacionado con tarefas de comprensión e análise dos bloques de contido da materia.

Tamén estableceremos actividades para a autoavaliación do proceso de aprendizaxe por competencias por parte do propio alumnado.

Observacións xerais e recuperacións:

A nota de cada avaliación calcularase sumando as notas de cada un dos instrumentos anteriores debidamente ponderados; para obter unha cualificación positiva será necesario obter unha nota de 5 ou superior.

A cualificación da avaliación final obterase mediante o cálculo da media aritmética das tres avaliacións, sempre que estean todas aprobadas.

Recuperacións

Cando un alumno/a teña unha avaliación suspensa pode aprobar directamente na final sempre que a media das tres avaliacións supere os 5 puntos; se a media non chega para aprobar directamente ou cando teña suspensas dúas avaliacións deberá realizar unha ou dúas probas de recuperación, respectivamente, sobre os contidos da/s avaliación/s pendente/s. Sería necesario obter 5 puntos para considerala recuperada. Pola contra, o alumnado que non superase ningunha das tres avaliacións ao longo do curso non terá opción de recuperación en xuño e deberá presentarse á proba da convocatoria extraordinaria de setembro.

Na convocatoria de setembro efectuarase unha proba oral de improvisación oral, individual ou en grupo, e un exame escrito con contidos dos bloques da materia. Será necesario acadar 5 puntos para aprobar.

Contidos

Comunicación musical

15,00%

Historia e actualidade do improviso

40,00%

Comunicación lingüística, poética e retórica

15,00%

Comunicación escénica e performance

15,00%

Creatividade e xestión sociocultural

15,00%

RÚBRICAS de Regueifa e improvisación oral en verso (RIOV)

  1. Rúbrica para avaliar unha proba de improvisación oral en verso

Criterios de avaliación:

1. Vocaliza, usa o volume e o ton de forma axeitada

2. Fai un uso adecuado da comunicación musical

3. Adapta o ton do discurso (serio, humorístico, etc) ao tema e ás circunstancias

4. Coida a linguaxe non verbal e actúa con seguridade escénica

5. É orixinal e innova. Sorprende.

6. Ten riqueza léxica.

7. A información, os temas desenvolvidos, son adecuados, coherentes e lóxicos

8. Emprega a lingua de forma correcta, coidando o seu discurso de castelanismos

9. Utiliza a linguaxe non sexista e promove valores non discriminatorios.

10. Interactúa co auditorio e/ou compañeiras e compañeiros de improviso.

Puntuación:

4 3

3 2

2 1

1 0

Volume, vocalización

Oíuselle perfectamente, con claridade e unha boa vocalización.

Nalgún caso non se oe ben

Hai dificultades para entender o que canta

Non se oe nada do seu improviso

Comunicación musical

A sua interpretación musical é excelente.

A realización musical é satisfactoria

Presenta eivas e defectos na interpretación musical.

A súa interpretación musical é pobre e distorsionada.

Ton do discurso (humor, seriedade...)

O seu ton é moi expresivo e ten capacidade para mudar de ton expresivo e crear dinamismo durante os diferentes momentos da improvisación.

Por veces o ton non é dinámico ou adecuado.

O ton do improviso non é apropiado. Por veces é monótono.

Non ten variacións de ton. Monotonía na interpretación.

Linguaxe non verbal e seguridade escénica

Desenvólvese con naturalidade diante do público. O corpo móvese con expresividade, de forma consciente e efectiva.

Ás veces, mostra inseguridade.

A súa linguaxe corporal é básica. Mostra nerviosismo.

A súa linguaxe non verbal non é eficaz.

Orixinalidade

Improvisa con creatividade e orixinalidade, sorprendendo ao público.

Ás veces soprende con algún elemento orixinal

Moi poucas veces é orixinal na creación do discurso

Exprésase repetindo tópicos e lugares comúns

Riqueza léxica

Improvisa con riqueza de vocabulario, adecuado aos temas, e variado, especialmente nas palabras rima.

Inclúe, ás veces, vocabulario rico e variado.

O seu material de creación léxica non é moi variado. Vocabulario básico.

Pobreza de vocabulario no discurso.

Información coherente e lóxica

A información e temas sobre os que improvisa son moi adecuados ao contexto, e exprésaos con coherencia e cohesión.

Ás veces o seu discurso adecúase á situación comunicativa, mais ten erros para construír discurso coherente e adecuado.

Normalmente improvisa sen coherencia nin adecuación

O seu discurso non é coherente, adecuado nin cohesionado.

Corrección lingüística

Exprésase con corrección e calidade de lingua.

No seu discurso aparecen incorrecións que crean ruído e empobrecen o improviso.

Improvisa con castelanismos e outros desvíos da norma.

Improvisa continuamente con castelanismos, vulgarismos e outros desvíos da norma (hiperenxebrismo)

Valores non discriminatorios

Improvisa con linguaxe non sexista e desenvolve expresións e ideas con valores contra as discriminacións sociais.

Emprega, de vez en cando, a linguaxe non sexista. Ás veces inclúe a defensa de valores non discriminatorios.

Utiliza a linguaxe non sexista de forma pouco habitual, así como expresións en defensa da xustiza social e contra os prexuízos sociais.

A súa linguaxe é sexista e discrimatoria: racismo, homofobia, clasismo, etc.

Interacción co público e compañeiras/os

Interactúa activamente co público e compañeiras de improviso de forma natural e expresiva, aproveitando o feedback para enriquecer a comunicación.

Às veces establece interacción directa co público e compañeiras de regueifa.

Improvisa tendo pouco contacto, básico, co público e compañeiras/os de regueifa.

Nunca interactúa directamente co público. Fica isolado/a no escenario sen aproveitar o feedback.

  1. Rúbrica para avaliar a competencia Aprender a aprender

Competencia para aprender a aprender (CC) 2º da ESO

Proceso

Estándares prioritarios

Rúbrica do nivel de logro

Excelente

(2,5-3 puntos)

Satisfactorio

(2-1,5 puntos)

Básico

(1,5-0.75 puntos)

Escaso

(0.75-0 puntos)

Valoración da xestión do traballo individual e colectivo para desenvolver proxectos.

Participación no proceso de aprendizaxe organizando procesos cooperativos, de forma persoal e/ou en grupo, con creatividade.

(2,5 puntos)

2º RIOV. B5.1.1. Participa activamente na planificación e xestión dun encontro de regueifa.

2º RIOV. B2.5.1. Elabora organiza e difunde o material elaborado sobre regueifa através das TIC.

2º RIOV. B2.1.2. Valora o patrimonio inmaterial como elemento de desenvolvemento sociocultural.

2º RIOV. B5.2.1. Comprende que forma parte do proceso de transmisión da regueifa.

Participa sempre de forma activa, planificando e xestionando, individualmente e en grupo ,o proceso de organización dun encontro público de improvisación oral en verso.

Elabora e difunde material sobre regueifa através das TIC, sempre que é necesario, con autonomía e excelente calidade comunicativa.

Ten en grande valor o patrimonio inmaterial así como a súa función persoal na transmisión sociocultural da improvisación oral en verso.

Sempre gosta de coñecer e incorporar os valores éticos do movemento social da improvisación en verso: colaboración mutua, resolución de conflitos de forma non violenta, defensa da xustiza social, humor, non competitividade, movemento colectivo cooperativo...

Na organización dun encontro de regueifa, participa de forma satisfactoria, tanto a nivel individual como no traballo en grupo.

Elabora e participa adecuadamente na difusión, através das TIC; dos materiais sobre regueifa e improvisación oral en verso.

Valora de forma satisfactoria o patrimonio inmaterial así como a súa función como axente de transmisión da regueifa.

Asume, de forma satisfactoria, os valores éticos da improvisación oral en verso que caracterizan o movemento na Galiza, especialmente o humor, a non competitividade, ou a defensa da xustiza social contra as discriminacións.

Participa, cunha intensidade básica, na organización dun encontro público de regueifa

Elabora e difunde os materiais da regueifa, através das TIC, de vez en cando.

Con carácter xeral, non valora, á que nos aspectos máis básicos, o patrimonio inmaterial, e a súa función como axente transmisor da regueifa.

Asume algúns dos principios éticos do movemento da regueifa, de vez en cando: humor, non competititividade, xustiza social, etc.

Non participa activamente na organización dun encontro de regueifa.

Non elabora nunca ou case nunca material sobre regueifa através das TIC, nin os difunde.

Non valora nunca ou case nunca a importancia do patrimonio inmaterial nin comprende a importancia da súa función na transmisión e socialización da improvisación oral en verso.

Non participa dos valores do movemento educativo e social da regueifa: humor, xustiza social, non cmpetititividade, etc.

Adquisición e asimilación de novos coñecementos.

(2,5 puntos)

2º RIOV. B1.3.2. Escoitar e reproducir melodías novas.

2º RIOV. B3.3.1. Elabora os seus textos orais improvisados aplicando as características e recursos poéticos propios da regueifa.

2º RIOV. B3.2.2. Aplica a linguaxe non sexista nin discriminatoria na improvisación oral.

Sempre gosta de escoitar e reproducir novas melodías.

Cando elabora as súas improvisacións, sempre o fai aplicando as características adecuadas, de forma excelente.

Incorpora sempre, de forma activa e con naturalidade, a linguaxe non sexista, tanto no seu discurso improvisado en verso, como nos textos orais nas aulas, así como valores proactivos contra a discriminación sexual.

Habitualmente gosta de ouvir e reproducir novas melodias.

Elabora as súas improvisacións en verso de forma correcta e adecuada, segundo as características do repentismo.

Incorpora, de forma satisfactoria, a linguaxe non sexista e valores contra a violencia contra as mulleres.

Habitualmente non mostra moito interese por ouvir e aprender novas melodías.

Elabora as súas improvisacións con defectos e incorrecións, a respecto das características propias da regueifa e a improvisación oral en verso.

Incorpora de forma pouco habitual a linguaxe non sexista, así como valores contrarios á violencia contra as mulleres.

Nunca ou case nunca mostra interese por escoitar e reproducir novas melodías.

Nunca ou case nunca improvisa en verso de forma correcta, segundo os recursos poéticos e comunicativos propios do repentismo.

Utiliza linguaxe sexista e expresa valores de discriminación contra as mulleres.

Adquisición de destrezas de autorregulación e control (estratexias de planificación, revisión e avaliación, así como autocontrol das emocións) e a confianza persoal.

(2,5 puntos)

2º RIOV. B1.3.3. Canta dun xeito seguro e sen vergoña explorando as posibilidades sonoras e expresivas da voz.

2º RIOV. B3.2.2. Recoñece as emocións negativas (medo escénico, inseguridade, etc) como unha manifestación natural da exposición perante o público.

2º RIOV. B3.2.3. Participa nunha regueifa procurando manifestar confianza, seguridade e serenidade para gozar da oportunidade de presentar a súa improvisación perante un auditorio.

2º RIOV. B4.1.1. Ocupa o espazo con naturalidade e personalidade.

Sempre que canta, faino dun xeito seguro e experimentando na procura de mellorar as posibilidades sonoras e expresivas da súa voz.

Sempre que se dirixe ao público, adoita mostrar seguridade e confianza, controla as emocións e emprega axeitadamente a linguaxe non verbal.

Ao regueifar en público, sempre goza e faino mostrando de forma natural a súa propia identidade persoal como improvisador/a.

Valora a oportunidade de ter público.

Para ocupar o espazo con naturalidade, sempre avalía e se autoavalía nas producións improvisadas, desde a comunicación musical, a verbal e non verbal até os elementos emocionais, e case sempre propón solucións.

Con carácter xeral, canta de forma satisfactoria, procurando mellorar as súas habilidades.

Habitualmente canta con seguridade e confianza, e utiliza a linguaxe non verbal de forma satisfactoria

Habitualmente mostra seguridade ao regueifar en público, valorando a oportunidade de ter público.

Habitualmente exerce a crítica sobre a súa propia improvisación e autoavalíase, para mellorar as súas habilidades.

Mostra pouco interese por mellorar o seu canto e experimentar as posibilidades da súa voz.

Adquire, de forma básica, destrezas de autorregulación e control das emocións, á hora de improvisar diante do público.

Regueifa con certo nerviosismo, mostrándose por vezes con inseguridade, diante do público.

Ocupa o espazo con pouca naturalidade, e só procura solucións de forma oi b

Canta de xeito inseguro e non procura destrezas para adquirir seguridade.

Non procura mellorar as posibilidades expresivas da súa voz.

Non adquire destrezas de autorregulación e control das emocións.

Diante do público, móstrase sen habilidades de autocontrol: con nerviosismo, falta de seguridade...

Non valora a oportunidade de ter público.

Ocupa o espazo sen naturalidade.

Motivación para aprender, conciencia desta necesidade de aprender e confianza nas propias posibilidades.

(2,5 puntos)

2º RIOV. B1.3.1. Participa activamente e con iniciativa persoal nas actividades de interpretación.

2º RIOV B1.3.2.. Goza da audición activa e comentada da diversidade musical

2ºRIOV 1.3.4. Escoita e reproduce melodías novas.

2ºRIOV 1.3.5. Crea novas melodías propais con identidade.

Sempre participa de forma activa, con confianza nas propias posibilidades e vontade de aprender, nas actividades propostas.

Goza de forma extraordinaria da dimensión musical da improvisación oral en verso, ao ouvir e aprender novas melodias e ao crear as súas propias melodías.

Participa satisfactoriamente das actividades propostas, ten motivación para aprender.

Gosta de ouvir e reproducir músicas variadas e crea novas melodías.

Ten un nivel de motivación básico.

Escoita e reproduce músicas con carácter básico a maior paerte das veces. Ás veces crea melodías propias.

Nunca ou case nunca desenvolve motivación para aprender. Non sente como unha necesidade ter unha actitude proactiva.

Actitudes

Contidos principais

Contidos secundarios

Escoita

- Das aportacións das compañeiras e compañeiros

- Da propia interpretación.

Respeito

- Cara ás opinións das outras persoas e o dereito a equivocarse.

- Cara ao turno de palabra.

Aceptación

- Dos propios erros.

- Das críticas.

Esforzo e perseverancia

Valoración

- Das creacións e interpretacións das comañeiras e compañeiros.

- Persoal e autoestima

Seguridade en si mesm@

Uso crítico da razón

Práctica de estretexias para o diálogo e o debate