Un modelo: I Encontro de Mulleres Repentistas
Na materia de "Regueifa e improvisación oral" un grupo de 17 alumnos e alumnas, coa coordenación do profesor, impulsaron a organización dun evento de repentismo, co obxectivo de visibilizar a nova xeración de mulleres regueifeiras da Galiza e sentirse parte do movemento sociocultural do repente galego. Así, desde fins de setembro de 2016 até o 28 de xaneiro de 2017 activouse o proceso de organización. E na semana seguinte fíxose avaliación da experiencia.
Aqui podes ollar algúns materiais do proceso de autoxestión desta actividade para teres en conta para a elaboración do teu Proxecto Final desde curso.
8. A avaliación e cualificación de RIOV
Aqui podes ollar, se tes curiosidade, os procedementos de avaliación e cualificación. Como verás, o traballo de participación na organización do evento de regueifa ten un valor de 2 puntos dos 10 do total.
AVALIACIÓN de REGUEIFA E IMPROVISACIÓN ORAL EN VERSO:
Que se avalía? (Estándares de aprendizaxe) |
Como se avalía? (Procedementos e instrumentos) |
Comunicación musical Estándares RIOVB1.1.1, RIOVB1.1.2, RIOVB1.2.1, RIOVB1.2.2, RIOVB1.3.1, RIOVB1.3.2, RIOVB1.3.3, RIOVB1.3.4 RIOVB1.3.5, RIOVB1.4.1. RIOVB1.4.2. RIOVB1.5.1, RIOVB1.5.2 |
Observación diaria e rexistro Prácticas orais planificadas Rúbrica de proba de improvisación cantada en verso |
Historia e actualidade do repentismo Estándares RIOVB2.1, RIOVB2.3, RIOVB2.3, RIOVB2.4, RIOVB2.5, RIOVB2.6 |
Revisión do caderno Traballos escritos (individuais ou en grupo) Proba escrita |
Comunicación lingüística, poética e retórica Estándares RIOVB3.1.1, RIOVB31.2, RIOVB3.2.1, RIOVB3.2.2, RIOVB.3.2.3, RIOVB3.3.1, RIOVB3.4.1, |
Observación diaria e rexistro Traballos orais (individuais e en grupo) Proba de improvisación cantada en verso |
Comunicación escénica e performance Estándares RIOvB4.1.1, RIOVB4.1.2 |
Observación diaria e rexistro Traballos de práctica escénica (individuais ou en grupo) Proba de improvisación cantada en verso |
Creatividade e xestión sociocultural Estándares RIOVB5.1.1., RIOVB5.2.1, RIOVB5.3.1 |
Observación diaria e rexistro Traballos escritos (individuais ou en grupo) |
CAA |
Rúbrica |
Criterios de cualificación:
Con carácter xeral, temos que ter en consideración que esta é unha materia que ten como obxectivo central o desenvolvemento da expresión oral improvisada en verso, así como o coñecemento da historia do repente e o desenvolvemento de procesos de xestión cultural e o traballo con valores. A materia desenvolve pois, fundamentalmente, a oralidade do alumnado.
Ao longo das avaliacións o alumnado desenvolverá actividades arredor da expresión oral e corporal, cunha especial atención á dimensión práctica, en diferentes dimensións: musical, lingüística, poética, comunicativa, performática, de xestión cultural...
Por iso no proceso de avaliación os instrumentos de cualificación terán en conta recursos innovadores como sistemas de gravación, reprodución e arquivo de voz e/ou audiovisual.
Sistema de cualificación:
1.-Probas práticas de avaliación dos estándares de aprendizaxe de Comunicación musical: 10 %
Avaliaranse através de observación diaria e unha proba de improvisación oral en verso ao final de cada avaliación (ver rúbrica)
2.-Unha proba-exame que avalía os estándares de aprendizaxe principais dos diferentes Bloques: 10%
Esta proba pode ser oral ou escrita e terá como obxectivo que o alumnado demostre o resultado da súa aprendizaxe.
Na proba os contidos terán o seguinte peso
Contidos |
|
Comunicación musical |
10% |
Historia e actualidade do improviso |
50% |
Comunicación lingüística, poética e retórica |
10% |
Comunicación escénica e performance |
10 |
Creatividade e xestión sociocultural |
10% |
3. -Unha proba práctica de improvisación oral en verso (ver rúbrica): 20%
4.- Avaliación da Competencia Aprender a aprender (ver rúbrica) : 20 %
Esta competencia é transversal en todas as dimensións da materia e, alén diso, valorámola de forma explícita através dun traballo en grupo de creatividade e xestión sociocultural consistente na organización dun evento, actividade ou intervención educativa e sociocultural.
5.- Prácticas na aula e traballo na casa: 20%
As prácticas na aula (10%) avaliaranse mediante observación e rexistro do profesorado e rúbricas. En cada práctica oral o profesorado explicará os criterios concretos de puntuación. Realizarase, como mínimo, unha práctica oral planificada (individual ou en grupo) por avaliación.
Realizarase traballos na casa, (10%), fundamentalmente prácticos, que o alumnado exporá nas aulas. Avaliaranse mediante un rexistro do profesorado.
6. -Traballo escrito de investigación individual: 20 %
Recollerase un traballo individual escrito, sonoro ou audiovisual, por avaliación relacionado con tarefas de comprensión e análise dos bloques de contido da materia.
Tamén estableceremos actividades para a autoavaliación do proceso de aprendizaxe por competencias por parte do propio alumnado.
Observacións xerais e recuperacións:
A nota de cada avaliación calcularase sumando as notas de cada un dos instrumentos anteriores debidamente ponderados; para obter unha cualificación positiva será necesario obter unha nota de 5 ou superior.
A cualificación da avaliación final obterase mediante o cálculo da media aritmética das tres avaliacións, sempre que estean todas aprobadas.
Recuperacións
Cando un alumno/a teña unha avaliación suspensa pode aprobar directamente na final sempre que a media das tres avaliacións supere os 5 puntos; se a media non chega para aprobar directamente ou cando teña suspensas dúas avaliacións deberá realizar unha ou dúas probas de recuperación, respectivamente, sobre os contidos da/s avaliación/s pendente/s. Sería necesario obter 5 puntos para considerala recuperada. Pola contra, o alumnado que non superase ningunha das tres avaliacións ao longo do curso non terá opción de recuperación en xuño e deberá presentarse á proba da convocatoria extraordinaria de setembro.
Na convocatoria de setembro efectuarase unha proba oral de improvisación oral, individual ou en grupo, e un exame escrito con contidos dos bloques da materia. Será necesario acadar 5 puntos para aprobar.
Contidos |
|
Comunicación musical |
15,00% |
Historia e actualidade do improviso |
40,00% |
Comunicación lingüística, poética e retórica |
15,00% |
Comunicación escénica e performance |
15,00% |
Creatividade e xestión sociocultural |
15,00% |
RÚBRICAS de Regueifa e improvisación oral en verso (RIOV)
-
Rúbrica para avaliar unha proba de improvisación oral en verso
Criterios de avaliación:
1. Vocaliza, usa o volume e o ton de forma axeitada
2. Fai un uso adecuado da comunicación musical
3. Adapta o ton do discurso (serio, humorístico, etc) ao tema e ás circunstancias
4. Coida a linguaxe non verbal e actúa con seguridade escénica
5. É orixinal e innova. Sorprende.
6. Ten riqueza léxica.
7. A información, os temas desenvolvidos, son adecuados, coherentes e lóxicos
8. Emprega a lingua de forma correcta, coidando o seu discurso de castelanismos
9. Utiliza a linguaxe non sexista e promove valores non discriminatorios.
10. Interactúa co auditorio e/ou compañeiras e compañeiros de improviso.
Puntuación: |
4 3 |
3 2 |
2 1 |
1 0 |
Volume, vocalización |
Oíuselle perfectamente, con claridade e unha boa vocalización. |
Nalgún caso non se oe ben |
Hai dificultades para entender o que canta |
Non se oe nada do seu improviso |
Comunicación musical |
A sua interpretación musical é excelente. |
A realización musical é satisfactoria |
Presenta eivas e defectos na interpretación musical. |
A súa interpretación musical é pobre e distorsionada. |
Ton do discurso (humor, seriedade...) |
O seu ton é moi expresivo e ten capacidade para mudar de ton expresivo e crear dinamismo durante os diferentes momentos da improvisación. |
Por veces o ton non é dinámico ou adecuado. |
O ton do improviso non é apropiado. Por veces é monótono. |
Non ten variacións de ton. Monotonía na interpretación. |
Linguaxe non verbal e seguridade escénica |
Desenvólvese con naturalidade diante do público. O corpo móvese con expresividade, de forma consciente e efectiva. |
Ás veces, mostra inseguridade. |
A súa linguaxe corporal é básica. Mostra nerviosismo. |
A súa linguaxe non verbal non é eficaz. |
Orixinalidade |
Improvisa con creatividade e orixinalidade, sorprendendo ao público. |
Ás veces soprende con algún elemento orixinal |
Moi poucas veces é orixinal na creación do discurso |
Exprésase repetindo tópicos e lugares comúns |
Riqueza léxica |
Improvisa con riqueza de vocabulario, adecuado aos temas, e variado, especialmente nas palabras rima. |
Inclúe, ás veces, vocabulario rico e variado. |
O seu material de creación léxica non é moi variado. Vocabulario básico. |
Pobreza de vocabulario no discurso. |
Información coherente e lóxica |
A información e temas sobre os que improvisa son moi adecuados ao contexto, e exprésaos con coherencia e cohesión. |
Ás veces o seu discurso adecúase á situación comunicativa, mais ten erros para construír discurso coherente e adecuado. |
Normalmente improvisa sen coherencia nin adecuación |
O seu discurso non é coherente, adecuado nin cohesionado. |
Exprésase con corrección e calidade de lingua. |
No seu discurso aparecen incorrecións que crean ruído e empobrecen o improviso. |
Improvisa con castelanismos e outros desvíos da norma. |
Improvisa continuamente con castelanismos, vulgarismos e outros desvíos da norma (hiperenxebrismo) |
|
Valores non discriminatorios |
Improvisa con linguaxe non sexista e desenvolve expresións e ideas con valores contra as discriminacións sociais. |
Emprega, de vez en cando, a linguaxe non sexista. Ás veces inclúe a defensa de valores non discriminatorios. |
Utiliza a linguaxe non sexista de forma pouco habitual, así como expresións en defensa da xustiza social e contra os prexuízos sociais. |
A súa linguaxe é sexista e discrimatoria: racismo, homofobia, clasismo, etc. |
Interacción co público e compañeiras/os |
Interactúa activamente co público e compañeiras de improviso de forma natural e expresiva, aproveitando o feedback para enriquecer a comunicación. |
Às veces establece interacción directa co público e compañeiras de regueifa. |
Improvisa tendo pouco contacto, básico, co público e compañeiras/os de regueifa. |
Nunca interactúa directamente co público. Fica isolado/a no escenario sen aproveitar o feedback. |
-
Rúbrica para avaliar a competencia Aprender a aprender
Competencia para aprender a aprender (CC) 2º da ESO |
|||||||
Proceso |
Estándares prioritarios |
Rúbrica do nivel de logro |
|||||
Excelente (2,5-3 puntos) |
Satisfactorio (2-1,5 puntos) |
Básico (1,5-0.75 puntos) |
Escaso (0.75-0 puntos) |
||||
Valoración da xestión do traballo individual e colectivo para desenvolver proxectos. Participación no proceso de aprendizaxe organizando procesos cooperativos, de forma persoal e/ou en grupo, con creatividade. (2,5 puntos) |
2º RIOV. B5.1.1. Participa activamente na planificación e xestión dun encontro de regueifa. 2º RIOV. B2.5.1. Elabora organiza e difunde o material elaborado sobre regueifa através das TIC. 2º RIOV. B2.1.2. Valora o patrimonio inmaterial como elemento de desenvolvemento sociocultural. 2º RIOV. B5.2.1. Comprende que forma parte do proceso de transmisión da regueifa. |
Participa sempre de forma activa, planificando e xestionando, individualmente e en grupo ,o proceso de organización dun encontro público de improvisación oral en verso. Elabora e difunde material sobre regueifa através das TIC, sempre que é necesario, con autonomía e excelente calidade comunicativa. Ten en grande valor o patrimonio inmaterial así como a súa función persoal na transmisión sociocultural da improvisación oral en verso. Sempre gosta de coñecer e incorporar os valores éticos do movemento social da improvisación en verso: colaboración mutua, resolución de conflitos de forma non violenta, defensa da xustiza social, humor, non competitividade, movemento colectivo cooperativo... |
Na organización dun encontro de regueifa, participa de forma satisfactoria, tanto a nivel individual como no traballo en grupo. Elabora e participa adecuadamente na difusión, através das TIC; dos materiais sobre regueifa e improvisación oral en verso. Valora de forma satisfactoria o patrimonio inmaterial así como a súa función como axente de transmisión da regueifa. Asume, de forma satisfactoria, os valores éticos da improvisación oral en verso que caracterizan o movemento na Galiza, especialmente o humor, a non competitividade, ou a defensa da xustiza social contra as discriminacións. |
Participa, cunha intensidade básica, na organización dun encontro público de regueifa Elabora e difunde os materiais da regueifa, através das TIC, de vez en cando. Con carácter xeral, non valora, á que nos aspectos máis básicos, o patrimonio inmaterial, e a súa función como axente transmisor da regueifa. Asume algúns dos principios éticos do movemento da regueifa, de vez en cando: humor, non competititividade, xustiza social, etc. |
Non participa activamente na organización dun encontro de regueifa. Non elabora nunca ou case nunca material sobre regueifa através das TIC, nin os difunde. Non valora nunca ou case nunca a importancia do patrimonio inmaterial nin comprende a importancia da súa función na transmisión e socialización da improvisación oral en verso. Non participa dos valores do movemento educativo e social da regueifa: humor, xustiza social, non cmpetititividade, etc. |
||
Adquisición e asimilación de novos coñecementos. (2,5 puntos) |
2º RIOV. B1.3.2. Escoitar e reproducir melodías novas. 2º RIOV. B3.3.1. Elabora os seus textos orais improvisados aplicando as características e recursos poéticos propios da regueifa. 2º RIOV. B3.2.2. Aplica a linguaxe non sexista nin discriminatoria na improvisación oral. |
Sempre gosta de escoitar e reproducir novas melodías. Cando elabora as súas improvisacións, sempre o fai aplicando as características adecuadas, de forma excelente. Incorpora sempre, de forma activa e con naturalidade, a linguaxe non sexista, tanto no seu discurso improvisado en verso, como nos textos orais nas aulas, así como valores proactivos contra a discriminación sexual. |
Habitualmente gosta de ouvir e reproducir novas melodias. Elabora as súas improvisacións en verso de forma correcta e adecuada, segundo as características do repentismo. Incorpora, de forma satisfactoria, a linguaxe non sexista e valores contra a violencia contra as mulleres. |
Habitualmente non mostra moito interese por ouvir e aprender novas melodías. Elabora as súas improvisacións con defectos e incorrecións, a respecto das características propias da regueifa e a improvisación oral en verso. Incorpora de forma pouco habitual a linguaxe non sexista, así como valores contrarios á violencia contra as mulleres. |
Nunca ou case nunca mostra interese por escoitar e reproducir novas melodías. Nunca ou case nunca improvisa en verso de forma correcta, segundo os recursos poéticos e comunicativos propios do repentismo. Utiliza linguaxe sexista e expresa valores de discriminación contra as mulleres. |
||
Adquisición de destrezas de autorregulación e control (estratexias de planificación, revisión e avaliación, así como autocontrol das emocións) e a confianza persoal. (2,5 puntos) |
2º RIOV. B1.3.3. Canta dun xeito seguro e sen vergoña explorando as posibilidades sonoras e expresivas da voz. 2º RIOV. B3.2.2. Recoñece as emocións negativas (medo escénico, inseguridade, etc) como unha manifestación natural da exposición perante o público. 2º RIOV. B3.2.3. Participa nunha regueifa procurando manifestar confianza, seguridade e serenidade para gozar da oportunidade de presentar a súa improvisación perante un auditorio. 2º RIOV. B4.1.1. Ocupa o espazo con naturalidade e personalidade. |
Sempre que canta, faino dun xeito seguro e experimentando na procura de mellorar as posibilidades sonoras e expresivas da súa voz. Sempre que se dirixe ao público, adoita mostrar seguridade e confianza, controla as emocións e emprega axeitadamente a linguaxe non verbal. Ao regueifar en público, sempre goza e faino mostrando de forma natural a súa propia identidade persoal como improvisador/a. Valora a oportunidade de ter público. Para ocupar o espazo con naturalidade, sempre avalía e se autoavalía nas producións improvisadas, desde a comunicación musical, a verbal e non verbal até os elementos emocionais, e case sempre propón solucións. |
Con carácter xeral, canta de forma satisfactoria, procurando mellorar as súas habilidades. Habitualmente canta con seguridade e confianza, e utiliza a linguaxe non verbal de forma satisfactoria Habitualmente mostra seguridade ao regueifar en público, valorando a oportunidade de ter público. Habitualmente exerce a crítica sobre a súa propia improvisación e autoavalíase, para mellorar as súas habilidades. |
Mostra pouco interese por mellorar o seu canto e experimentar as posibilidades da súa voz. Adquire, de forma básica, destrezas de autorregulación e control das emocións, á hora de improvisar diante do público. Regueifa con certo nerviosismo, mostrándose por vezes con inseguridade, diante do público. Ocupa o espazo con pouca naturalidade, e só procura solucións de forma oi b |
Canta de xeito inseguro e non procura destrezas para adquirir seguridade. Non procura mellorar as posibilidades expresivas da súa voz. Non adquire destrezas de autorregulación e control das emocións. Diante do público, móstrase sen habilidades de autocontrol: con nerviosismo, falta de seguridade... Non valora a oportunidade de ter público. Ocupa o espazo sen naturalidade. |
||
Motivación para aprender, conciencia desta necesidade de aprender e confianza nas propias posibilidades. (2,5 puntos) |
2º RIOV. B1.3.1. Participa activamente e con iniciativa persoal nas actividades de interpretación. 2º RIOV B1.3.2.. Goza da audición activa e comentada da diversidade musical 2ºRIOV 1.3.4. Escoita e reproduce melodías novas. 2ºRIOV 1.3.5. Crea novas melodías propais con identidade. |
Sempre participa de forma activa, con confianza nas propias posibilidades e vontade de aprender, nas actividades propostas. Goza de forma extraordinaria da dimensión musical da improvisación oral en verso, ao ouvir e aprender novas melodias e ao crear as súas propias melodías. |
Participa satisfactoriamente das actividades propostas, ten motivación para aprender. Gosta de ouvir e reproducir músicas variadas e crea novas melodías. |
Ten un nivel de motivación básico. Escoita e reproduce músicas con carácter básico a maior paerte das veces. Ás veces crea melodías propias. |
Nunca ou case nunca desenvolve motivación para aprender. Non sente como unha necesidade ter unha actitude proactiva. |
Actitudes
Contidos principais |
Contidos secundarios |
Escoita |
- Das aportacións das compañeiras e compañeiros - Da propia interpretación. |
Respeito |
- Cara ás opinións das outras persoas e o dereito a equivocarse. - Cara ao turno de palabra. |
Aceptación |
- Dos propios erros. - Das críticas. |
Esforzo e perseverancia |
|
Valoración |
- Das creacións e interpretacións das comañeiras e compañeiros. - Persoal e autoestima |
Seguridade en si mesm@ |
|
Uso crítico da razón |
|
Práctica de estretexias para o diálogo e o debate |
|