Un modelo: I Encontro de Mulleres Repentistas
Na materia de "Regueifa e improvisación oral" un grupo de 17 alumnos e alumnas, coa coordenación do profesor, impulsaron a organización dun evento de repentismo, co obxectivo de visibilizar a nova xeración de mulleres regueifeiras da Galiza e sentirse parte do movemento sociocultural do repente galego. Así, desde fins de setembro de 2016 até o 28 de xaneiro de 2017 activouse o proceso de organización. E na semana seguinte fíxose avaliación da experiencia.
Aqui podes ollar algúns materiais do proceso de autoxestión desta actividade para teres en conta para a elaboración do teu Proxecto Final desde curso.
5. Tarefas do alumnado
Produción dun evento de Regueifa
Encontro de Mulleres Regueifeiras
Coordenación: Nuria Penas e Noa de Capón
Prensa: Americana, Brais de Cores, Nuria Penas.
Publicidade: Byronzinho
Deseño: Noa, Pauli.
Redes sociais: Iñaki, DJChristian, Nico Verde
Presentación do Encontro / guión: Carla de Brandomés, Marco Pedreira
Son, fotografía e vídeo: David-Dabar150, Pauli