Un modelo: I Encontro de Mulleres Repentistas
Na materia de "Regueifa e improvisación oral" un grupo de 17 alumnos e alumnas, coa coordenación do profesor, impulsaron a organización dun evento de repentismo, co obxectivo de visibilizar a nova xeración de mulleres regueifeiras da Galiza e sentirse parte do movemento sociocultural do repente galego. Así, desde fins de setembro de 2016 até o 28 de xaneiro de 2017 activouse o proceso de organización. E na semana seguinte fíxose avaliación da experiencia.
Aqui podes ollar algúns materiais do proceso de autoxestión desta actividade para teres en conta para a elaboración do teu Proxecto Final desde curso.
4. Notas de prensa (ILGA-RAG+AGAL)
Por cuestións de eficacia comunicativa e atendendo ás distintas sensibilidades lingüísticas que conforman o movemento sociocultural do repente galego e o impulsan con enerxía social, rediximos a nota de prensa en galego norma ILGA-RAG (Ñ) e en norma galego AGAL (NH).
Encontro de Mulleres Repentistas da Galiza
O vindeiro sábado28 de xaneiro terá lugar o “I Encontro de Mulleres Repentistas da Galiza” en Vila de Cruces, organizado polo alumnado da materia “Regueifa e improvisación oran el verso” do IES Marco do Camballón, e impulsado polo Proxecto Regueifesta, un proxecto educativo para impulsar o repentismo no mundo do ensino, e que forma parte da Asociación ORAL, que promove o repente galego.
O VINDEIRO XOVES, ás 11.30, TERÁ LUGAR UNHA RODA DE PRENSA A CARGO DO ALUMNADO DO IES MARCO DO CAMBALLÓN QUE ORGANIZA ESTE EVENTO.
A improvisación cantada en verso ou repente, popularmente coñecida como “regueifa”, centra este Encontro e reunirá arredor de quince rapazas e mulleres repentistas de toda Galiza que participarán nas diferentes actividades desta xornada para a reflexión, a formación e a festa.
O repente galego encóntrase nun momento de crecemento e estase a conformar como un movimento sociocultural que ten na aparición dunha nova xeración de mulleres regueifeiras un dos seus motores máis destacados, abrindo novos camiños nun ámbito até hai moi pouco protagonizado case exclusivamente por homes.
As actividades do Encontro de Mulleres Repentistas teñen como obxectivo destacar a vitalidade actual da regueifa como actividade artística e comunicativa, e visibilizar a chegada dunha nova xeración de mulleres improvisadoras.
Como resultado dun traballo de autoxestión e organización do alumnado do IES Marco do Camballón, o Encontro de Mulleres Repetistas ofrece unha xornada de sábado con diversas actividades gratuítas no auditorio Xosé Casal: ás 11.30 da mañá terá lugar unha asemblea de mulleres repentistas onde se analizará o momento actual da regueifa de muller. Pola tarde, ás 16.30 Alba María impartirá um Obradoiro de Regueifa Feminista. E ás 18.00 terá lugar un espectáculo de improvisación en verso -aberto ao público e gratuíto- que reunirá no escenário a máis de dez mulleres de diferentes xeracións do repente galego. No acto tamén se celebrará unha homenaxe a Angelita de Baño, brindeira do Courel, e á cantareira e pandereteira Xosefa de Bastavales.
Neste Encontro procurarase visualizar a importancia das mulleres no desenvolvemento da regueifa tamén desde un achegamento histórico, lembrando as grandes do século XX, como Leonarda de Tallo. A finais do século XX Marisol Manfurada uniu regueifa e RAP desde o movimento do Rock Bravú e nesa altura Sofia Tarela e Paola Beiro, as Garotas, tamén destacaron pola súa arte como regueifeiras. A luguesa Pepa Yáñez, que regueifou e investigou o mundo do repente galego, foi outra das protagonistas deste movemento que ten como regueifeiras máis novas a Noa do Capón e a Nuria das Cruces, de 13 anos, alumnas de “Regueifa e improvisación oral en verso” no IES Marco do Camballón
No acto proxectarase un vídeo en homenaxe a Angelita de Baño, unha artista que cantou brindos -a improvisación cantada no Courel- desde os catorce anos, e á que foi entrevistar o Proxecto Regueifesta á montaña luguesa. Tamén se lle fará unha homenaxe a unha das artistas máis queridas no mundo da música tradicional dos últimos anos: a señora Xosefa de Bastavales.
Ás 21.00 terá lugar unha Foliada Regueifeira no Bar Txapela, onde participarán, xunto ás mulleres repentistas, e mais quen queira cantar e bailar, as pandereteiras de Cercio.
...
Encontro de Mulheres Repentistas da Galiza
O vindeiro sábado28 de janeiro terá lugar o “I Encontro de Mulheres Repentistas da Galiza” em Vila de Cruzes, organizado polo alunado da cadeira “Regueifa e improvisaçom oral em verso” do IES Marco do Cambalhom, e impulsado polo Projeto Regueifesta, un projeto educativo para impulsar o repentismo no mundo do ensino, e que forma parte da Asociación ORAL, que promove o repente galego.
A improvisaçom cantada em verso ou repente, popularmente conhecida como “regueifa”, centra este Encontro e reunirá arredor de quinze rapazas e mulheres repentistas de toda Galiza que participarám nas diferentes actividades dest jornada para a reflexom, a formaçom e a festa.
O repente galego encontra-se num momento de crescimento e esta-se a conformar como um movimento sociocultural que tem na apariçom dumha nova geraçom de mulheres regueifeiras um dos seus motores mais destacados, abrindo novos caminhos num ámbito até fai mui pouco tempo protagonizado quase exclusivamente por homes.
As actividades do Encontro de Mulheres Repentistas tenhem como objectivo destacar a vitalidade actual da regueifa como actividade artística e comunicativa, e visibilizar a chegada dumha nova geraçom de mulheres improvisadoras.
Como resultado dum trabalho de autogestiom e organizaçom do alunado do IES Marco do Cambalhom, o Encontro de Mulheres Repetistas oferece umha jornada de sábado com diversas actividades gratuítas no auditório Xosé Casal: às 11.30 da manhá terá lugar umha assembleia de mulheres repentistas onde se analizará o momento actual da regueifa de mulher. Pola tarde, ás 16.30 Alba María impartirá um Obradoiro de Regueifa Feminista. E às 18.00 terá lugar um espectáculo de improvisaçom em verso -aberto ao público e gratuíto- que reunirá no escenário máis de dez mulheres de diferentes geraçons do repente galego. No acto tamém se celebrará umha homenagem a Angelita de Baño, brindeira do Courel, e à cantareira e pandereteira Josefa de Bastavales.
Neste Encontro procurarase visualizar a importáncia das mulheres no desenvolvimento da regueifa tamém desde um achegamento histórico, lembrando as grandes do século XX, como Leonarda de Tallo. A finais do século XX Marisol Manfurada uniu regueifa e RAP desde o movimento do Rock Bravú e pouco despois Sofia Tarela e Paola Beiro, as Garotas, tamém destacarom pola sua arte como regueifeiras. A luguesa Pepa Yáñez, que regueifou e investigou o mundo do repente galego, foi outra das protagonistas deste movimento que tem como regueifeiras mais novas a Noa do Capón e a Nuria das Cruces, de 13 anos, alunas de “Regueifa e improvisaçom oral em verso” no IES Marco do Cambalhom.
No acto projetara-se um vídeo em homenagem a Angelita de Baño, umha artista que cantou brindos -a improvisaçom cantada no Courel- desde os catorce anos, e à que foi entrevistar o Projeto Regueifesta à montanha luguesa. Tamém se lhe fará umha homenagem a umha das artistas mais queridas no mundo da música tradicional dos últimos anos: a senhora Josefa de Bastavales.
Às 21.00 terá lugar umha Foliada Regueifeira no Bar Txapela, onde participarám, junto ás mulheres repentistas, e mais quem queira cantar e bailar, as pandereteiras de Cércio.
Teléfono de contacto:
IES Marco do Cambalhom: 886 15 17 31