¡IMAXINANDO!
Sitio: | Centro Autonómico de Formación e Innovación - Aula virtual |
Curso: | Agri-Cultura |
Libro: | ¡IMAXINANDO! |
Impreso por: | Usuario convidado |
Data: | martes, 26 de novembro de 2024, 10:52 PM |
Descrición
As artes plásticas e a agricultura.
A AGRICULTURA E A CULTURA
A agricultura ten un papel fundamental na nosa vida.
Esto débese a que é a fonte primaria de alimento.
Pero ademais a agricultura estivo presente na vida cotiá dos seres humanos dende hai milenios.
Hoxe en día non somos tan conscientes disto porque gran parte da poboación na nosa sociedade vive en cidades. Moitos de nos apenas estamos en contacto cos alimentos tal e como proceden da natureza. O noso contacto é fundamentalmente a través dos comercios de alimentación.
¿Podes imaxinar o distinta que é a vida dunha persoa que vive en contacto constante coa natureza e a agricultura?
Nese caso sen dúbida a agricultura e todo o relacionado con ela pasaría a un primeiro plano da nosa vida.
Quizais para nós, habitantes dun mundo cheo de tecnoloxías electrónicas, iso pode parecernos aburrido ou pouco estimulante.
Sen embargo a agricultura e a vida en contacto coa natureza foron grandes fontes de inspiración.
Imos ver isto en distintas manifestacións culturais do ser humano.
A AGRICULTURA E AS ARTES PLÁSTICAS
Neste apartado queremos inspirarte para que
poñas a túa creatividade en movemento.
Imos mostrarte algunhas creacións inspiradas no mundo vexetal para que despois poidas facer a túa propia, ou en grupo cos teus compañeiros e compañeiras.
ARCHIMBOLDO
Foi un pintor italiano do século XVI (¡hai máis de 400 anos!).
Facía retratos moi bonitos utilizando elementos naturais, algúns deles están feitos con hortalizas, outros con flores, ramas...
Pero hoxe en día o mundo vexetal segue inspirando a artistas.
VÍDEO
Loreto Blanco
Esta artista galega traballa a partir de fotografías de árbores e outros elementos naturais. Descubriu que ó duplicar as imaxes aparecían rostros. Ela dálles vida coa súas animacións.
Se che interesa ver máis animacións podes visitar a súa páxina web www.loretoblanco.com
Neil Bromhall
Este artista ten unha serie de vídeos artísticos que, acelerando o movemento das plantas, nos leva a marabillarnos coa súa danza. Aquí tes un exemplo do ciclo de vida das plantas...
Pero hai outros que parecen danzas...
Se che interesa ver algún máis podes visitar o seu canal de Youtube.
FOTOGRAFÍA
Cando falábamos do compost decíamos que é basura convertida en ouro negro. Hai un artista británico que converte a basura en arte!
Stefan Czczelcun
Podes ver toda a súa sorprendente colección de fotos facendo click na fotografía.
AGORA É O TEU TURNO
Despois de ver estas inspiradoras creacións é o momento de que te poñas más a obra.
Propoñémosche que fagas unha obra individual e outra en grupo, utilizando os medios artísticos que máis te gusten.
¡Esperamos velos no blog da horta!