AVALIANDO O NOSO TRABALLO
Sitio: | Centro Autonómico de Formación e Innovación - Aula virtual |
Curso: | Mans á terra! |
Libro: | AVALIANDO O NOSO TRABALLO |
Impreso por: | Usuario convidado |
Data: | sábado, 19 de outubro de 2024, 10:49 PM |
Descrición
Comprendendo a importancia do traballo colaborativo.
A IMPORTANCIA DO TRABALLO COLABORATIVO
Este traballo que estamos facendo é un traballo colaborativo
no que cada un da o mellor de si mesmo ou de si mesma
e axuda ás demais persoas tamén a dar o mellor.
Ás veces temos que sacrificar un interese persoal polo ben común. Pero se ves as cousas coa mirada do desenvolvemento sustentable daraste conta de que merece a pena.
Por iso é moi importante que avaliemos o noso traballo, para saber se sabemos colaborar ou aínda temos cousas que aprender.
No seguinte apartado tes unha rúbrica.
Unha rúbrica é un xeito de avaliar a túa colaboración. Está dividida en varios aspectos:
- Calidade do traballo.
- Contribucións.
- Concentración no traballo.
- Traballando con outros.
- Resolución de problemas.
En cada un destes aspectos hai unhas indicacións de calidade distinta, e cada unha ten unha puntuación.
A avaliación do teu traballo vaise facer segundo esta rúbrica, por iso é moi importante que a leas, a comprendas ben, e a teñas presente para orientar o teu traballo.
Podes preguntar todas as dúbidas que teñas, porque é moi importante que a comprendas ben.