Área 2. Libro de contidos

Sitio: Centro Autonómico de Formación e Innovación - Aula virtual
Curso: Recursos publicados
Libro: Área 2. Libro de contidos
Impreso por: Usuario convidado
Data: Domingo, 21 de Xullo de 2024, 13:28

Descrición


Introdución

📢 Dámoslle a benvida á Liña 2

No panel inferior poderá atopar información sobre as estacións que visitaremos durante o percorrido. Desexámoslle boa viaxe!

2.1 Procura e selección de contidos dixitais
Localizaravaliar e seleccionar contidos dixitais de calidade para apoiar e mellorar o ensino e a aprendizaxe. Considerar, de forma específica, o obxectivo de aprendizaxe, o contexto, o enfoque pedagóxico, o tipo de licenza e aspectos técnicos que garantan a accesibilidade universal, a usabilidade e a interoperabilidade.
2.2 Creación e modificación de contidos dixitais
Modificar e adaptar os contidos educativos dixitais respectando as condicións de uso (obras derivadas e limitacións recollidas nos dereitos de propiedade intelectual) establecidas por cada licenza. Crear novos contidos educativos dixitais de forma individual ou en colaboración con outros profesionais dentro de contornas seguras. Considerar, de modo específico, o obxectivo de aprendizaxe, o contexto, o enfoque pedagóxico e os destinatarios ao deseñar e crear ou modificar os contidos dixitais. Seleccionar as ferramentas dixitais de autor, para a creación e modificación de contidos, identificando as características técnicas e de accesibilidade e os termos de uso e a política de privacidade.
2.3 Protección, xestión e compartición de contidos dixitais
Catalogar os contidos educativos dixitais e poñelos ao dispor da comunidade educativa e do colectivo profesional utilizando contornas segurasProtexer eficazmente os contidos dixitais. Respectar e aplicar correctamente a normativa sobre propiedade intelectual e dereitos de autor na xestión e compartición de contidos dixitais.
Imaxe que amosa o itinerario da Liña 2 (Área 2)

O profesorado dispón actualmente dunha gran diversidade de contidos dixitais que pode utilizar para o ensino. Unha das competencias clave que calquera docente necesita desenvolver é poder xestionar esta variedade de contidos para identificar de forma efectiva os que mellor se adapten aos obxectivos de aprendizaxe, ao seu alumnado e ao seu estilo de ensino, estruturalos, relacionalos entre si e modificar, engadir e crear novos contidos educativos dixitais cos que apoiar a súa práctica docente.

Marshall McLuham

Esta circunstancia non fai senón recalcar o feito de que «o medio é a mensaxe» porque é o medio o que modela e controla a escala e forma das asociacións e traballo humanos.

McLuhan, 1964

Esta área inclúe tres competencias relacionadas coa procurareutilizacióncreación e compartición de contidos educativos dixitais respectando os dereitos de autor e tendo en conta que o seu uso se desenvolverá nun contexto educativo concreto atendendo as necesidades de todo o alumnado. As tres competencias que integran esta área comparten elementos comúns, desenvoltos de forma detallada na competencia 2.3, aínda que adquiran un peso distinto e requiran un desenvolvemento diferenciado en cada unha delas. Estes elementos son:

  1. Propiedade intelectual e dereitos de autor
  2. Uso de estándares
  3. Sistemas de catalogación e uso de metadatos

Infografía. Creación de contidos dixitais

Equipo de creación deste curso sobre Ponencia do GTTA para la actualización del MRCDD. CC BY-NC-SA

TIC, TAC e TEP

Teño unha dúbida! Cando nos referimos ao uso das novas tecnoloxías nas aulas empregamos indistintamente os termos TIC ou TAC, pero... son sinónimos? Pódense usar de xeito análogo? Contra, isto parece máis un reloxo que algo educativo!

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) son o resultado de poñer en interacción a informática e as telecomunicacións, co fin de mellorar o procesamento, almacenamento e transmisión da información. Porén, as TAC, Tecnoloxías da Aprendizaxe e do Coñecemento, como indica Roser Lozano “tratan de orientar as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) cara a uns usos máis formativos, tanto para os/as estudantes como para o profesorado, co obxectivo de aprender máis e mellor". Trátase de incidir especialmente na metodoloxía, nos usos da tecnoloxía e non unicamente en asegurar o dominio dunha serie de ferramentas informáticas. Supón, en definitiva, coñecer e explorar os posibles usos didácticos que as TIC teñen para a aprendizaxe e a docencia. Noutras palabras, as TAC é a práctica das TIC na educación e o proceso de integración tecnolóxica no sistema educacional chámase TEP.


Inf. TIC, TAC e TEP

Equipo de creación deste curso. As TIC. CC BY-NC-SA

Contidos dixitais

É importante ter en conta a diferenza conceptual entre contidos dixitais, que son ficheiros con contidos que poden empregarse cun fin educativo  -aínda que orixinariamente fosen elaborados con outro propósito- e contidos educativos dixitais, que son paquetes de contidos estandarizados, identificados e catalogados para que se utilicen cun fin educativo.
Ao mesmo tempo, é importante coñecer como se deben empregar e administrar de maneira responsable os contidos dixitais, respectando a normativa sobre dereitos de autoría e propiedade intelectual ao usalos, modificalos e compartilos.

Equipo de creación deste curso sobre Posada Prieto, F. (2012, marzo). Diseño de recursos digitales educativos. Recuperado de CanalTIC. CC BY-NC-SA

Cando se afronta unha iniciativa de pescuda, modificación ou creación de contidos educativos dixitais unha das primeiras tarefas consiste en concretar os obxectivos, contidos, competencias e criterios de avaliación que se pretenden traballar. A fonte inicial debe ser o currículo oficial e a selección debe realizarse de forma explícita porque, do contrario, é posible que o resultado non sexa facilmente aplicable no contexto de aula.

Equipo de creación deste curso sobre Posada Prieto, F. (2012, marzo). Diseño de recursos digitales educativos. Recuperado de CanalTIC. CC BY-NC-SA

Propiedade intelectual e dereitos de autor

Os dereitos de autor protexen a propiedade intelectual dunha creadora ou dun creador sobre as súas obras sempre que estas sexan orixinais. Este concepto abrangue, á súa vez, dúas entidades:

  • Dereitos morais
    Os dereitos morais son irrenunciables e relacionan a obra co seu autor por atribución do mérito na creación, permitindo decidir se a obra pode ser divulgada íntegra ou parcialmente e de que forma cómpre facelo. 
  • Dereitos de explotación
    Refírense ao dereito de lucro que un autor pode reclamar pola reprodución, distribución e transformación da súa obra. O autor pode renunciar á explotación ou delegala nun terceiro mediante unha prerrogativa que defina as condicións para as que autoriza o seu uso. Esta prerrogativa é o que coñecemos como licenza.

Laura

No día a día, cando falamos de dereitos de autor ou propiedade intelectual, en realidade estamos a referirnos aos dereitos de explotación e, por extensión, ás licenzas que regulan o seu uso. O noso deber coma traballadores públicos é facermos un uso ético e respectar as limitacións para cumprir coa lexislación vixente.

Lexislación

Na actualidade a lexislación para educación en canto ao uso ou ligazón de información ou recursos de terceiros é a seguinte:

Equipo de creación deste curso. Licenzas de uso. CC BY-NC-SA

Como xa suporás, Usuario convidado, existen certas excepcións polas que é lícito empregar unha obra protexida para fins educativos. Os dereitos patrimoniais teñen algúns límites e excepcións, establecidos en España pola Lei de Propiedade Intelectual, que equilibran estes dereitos individuais con outros dereitos colectivos e sociais como son o dereito á cultura, o dereito á información, á educación... Iso si, cómpre remarcar que falamos de excepcións, limitadas a casuísticas moi concretas e cuxos requirimentos deben cumprirse escrupulosamente.


Excepcións da lei a favor da docencia, a investigación e o acceso á cultura
Equipo de creación deste curso. Excepcións da lei a favor da docencia, a investigación e o acceso á cultura . CC BY-NC-SA

Cedec. Propiedad intelectual y Derechos de autorCC BY-SA

2.1. Procura e selección de contidos dixitais

Procura e selección de contidos dixitais

Creación e modificación de contidos dixitais

Protección, xestión e compartición de contidos dixitais

1.3
1.4
6.1
1.3
3.1
1.3

Comezamos o noso percorrido abordando a Procura e selección de contidos dixitais. Antes de nada, cómpre clarexar que supón esta competencia no noso labor docente para que poidamos artellar as ferramentas e estratexias que precisamos para desenvolvela.

Laura
A adquisición desta competencia supón localizar, avaliar e seleccionar contidos dixitais de calidade para apoiar e mellorar o ensino e a aprendizaxe. Considerar, de forma específica, o obxectivo de aprendizaxe, o contexto, o enfoque pedagóxico, o tipo de licenza e aspectos técnicos que garantan a accesibilidade universal, a usabilidade e a interoperabilidade.
Que imos traballar no Nivel A1 da CDD?
Recorda, Usuario convidado, que estamos a acreditar o Nivel A1 da Competencia Dixital Docente, que nesta competencia se concreta no coñecemento teórico dos criterios para a selección de contidos dixitais e aplicación práctica de estratexias de busca e organización

Esta competencia demóstrase en situacións nas que o/a docente debe afrontar a procura de contidos dixitais para a súa utilización educativa.

Á hora de buscar, avaliar e seleccionar os contidos, non só se deben ter en conta os aspectos pedagóxicos ou didácticos e a súa adecuación ás características do seu alumnado, senón tamén os de carácter técnico (accesibilidade, usabilidade etc.), de seguridade e garantía dos dereitos dixitais de todo o alumnado como, por exemplo, a necesidade de rexistro ou a cesión de datos para o seu uso. Nesta competencia, o/a docente non chega a editar os contidos, simplemente os busca e selecciona para un uso posterior, polo que a selección realizarase, tamén, atendendo aos distintos tipos de licenzas existentes, adecuando a procura ao uso concreto que se lle vaia dar.

Dani

Por exemplo, sabías que...?
Traballas esta competencia cando empregas estratexias  estrategias adecuadas (búsqueda por tipo de archivo, palabras, aplicación de filtros, operadores lógicos, ...) a  hora de localizar contidos dixitais.

Que contidos integran esta competencia?
  • Coñecemento e aplicación de criterios de calidade técnicos, didácticos e científicos á hora de seleccionar os contidos educativos dixitais para a súa aplicación en situacións concretas de aprendizaxe.
  • Utilización dos motores de procura (configuración, estratexias, operadores, uso de metadatos etc.) reducindo posibles rumbos e analizando críticamente os resultados obtidos. Uso de catálogos e repositorios de contidos.
  • Coñecemento dos tipos de licenzas e uso ético das mesmas para a procura e selección de contidos educativos dixitais que se adecúen á finalidade para a que van ser utilizados.

Estratexias de procura e localización

A procura e selección ou "curación" de contidos é o proceso de seleccionar, agrupar e clasificar a información situada en distintos sitios da Web. A selección de contidos é o feito de filtrar esta información e categorizala para poder facer uso dela e compartila dunha forma realmente sinxela.

En educación é interesante utilizar a procura e selección de contidos como método para apoiar e orientar o proceso de aprendizaxe estimulando aos estudantes, favorecendo o traballo colaborativo e axudando os estudantes na organización e estruturación da información. O docente, como Curador de Contidos “Content Curator”, investiga e recompila a información que existe en Internet sobre un determinado tema. Posteriormente selecciona, filtra criticamente e aporta valor engadido ao contido que considera máis relevante para a súa comunidade: estudantes e outros profesores. Interactúa con esta infografía para afondar nas distintas fases de curación de contidos dixitais

Equipo de creación deste curso. Estratexias de procura e localización. Curación de contidos. CC BY-NC-SA

A continuación mostramos algunhas ferramentas de selección ou curación de contidos. A característica común a todas elas é que facilitan en maior ou menor medida as fases indicadas na anterior infografía. As actuais aplicacións son versátiles, flexibles e bastante completas, permitindo distintos usos e con diversas funcións.

Equipo de creación deste curso. Ferramentas de selección ou curación de contidos. CC BY-NC-SA

Avaliar Recursos Educativos

A Web é un auténtico almacén de contidos dixitais e aínda que calquera material é susceptible de ser utilizado como recurso nun proceso de ensino e aprendizaxe, non todos os materiais que se utilizan en educación xorden cunha intencionalidade didáctica. Por iso é moi importante contar con criterios para poder identificar entre todos os contidos dixitais dispoñibles aqueles que poden ser bos recursos educativos dixitais.

Co obxecto de establecer uns criterios a nivel nacional, no que se refire á calidade dos recursos educativos dixitais, a Asociación Española de Normalización publica a Norma 71362 de “Calidade dos materiais educativos dixitais”.

Segundo esta norma, un recurso educativo dixital é de calidade se é eficaz didáctica e tecnoloxicamente, e é accesible.

  • É eficaz didacticamente se contribúe a mellorar o ensino e a aprendizaxe e, por tanto, o seu uso mellora os resultados académicos.
  • É eficaz tecnoloxicamente se como produto tecnolóxico é robusto, interoperable, usable e escalable.
  • É accesible se serve para os destinatarios previstos, con independencia das súas diferentes capacidades.

Estas tres condicións desenvólvense mediante quince criterios, cada un dos cales contén diferentes indicadores de calidade que especifican as características que debe reunir un recurso para ser considerado un bo recurso educativo.

A norma proporciona unha ferramenta con forma de rúbrica para puntuar cada un dos criterios. A suma das puntuacións obtidas en todos eles lanza unha cualificación total do recurso educativo dixital. Desta maneira, os docentes temos unha información precisa acerca da calidade dun recurso educativo de interese. Aquí podes atopar o ANEXO F da norma UNE 71362:2017 que corresponde á adaptación da mesma ao perfil do alumno e do profesor.

Equipo de creación deste curso sobre Norma UNE 71362 Criterios de calidade para a valoración de Recursos Educativos Dixitais. CC BY-SA

Recursos Educativos Abertos (REA)


Recursos Educativos Abertos

CEDE. Que son os REA?.CC BY-SA


Os REA son contidos de uso educativo que foron publicados con licenza libre o cal permite a súa reutilización, adaptación á aula, modificación e difusión gratis na comunidade educativa. En definitiva os REA implican material para difundir, motivar e xerar unha nova cultura educativa baseada en novos contidos educativos. Son recursos que se ofrecen a docentes, pais, alumnos e calquera persoa interesada na educación xa que mediante o seu uso, modificación, difusión e mellora podemos adaptar o contido da nosa materia ao noso alumnado, de maneira completamente competencial e mediante o uso das TAC. Definidos os REA, onde os procuramos?

Equipo de creación deste curso. Onde encontrar os REA?. CC BY-NC-SA

Bibliotecas virtuais

Unha biblioteca virtual non é unha simple “dixitalización” de contidos, é unha nova forma de acceder ao coñecemento. Están feitas para responder á gran demanda de información de estudantes, docentes e calquera outra persoa. 
Moitas delas presentan ferramentas dinámicas e recursos de fácil acceso para o usuario. Permiten a transmisión do coñecemento, o acceso á información e facilitan a investigación. Vexamos algunhas das máis destacadas.

Equipo de creación deste curso. Bibliotecas virtuais. CC BY-NC-SA

2.2. Creación e modificación de contidos dixitais

Procura e selección de contidos dixitais

Creación e modificación de contidos dixitais

Protección, xestión e compartición de contidos dixitais

1.3
1.4
6.1
1.3
3.1
1.3

Continuamos o noso percorrido abordando a Creación e modificación de contidos dixitais. E coma sempre, antes de nada, cómpre clarexar que supón esta competencia no noso labor docente para que poidamos artellar as ferramentas e estratexias que precisamos para desenvolvela.

Laura

A adquisición desta competencia supón modificar e adaptar os contidos educativos dixitais respectando as condicións de uso (obras derivadas e limitacións recollidas nos dereitos de propiedade intelectual) establecidas por cada licenza. Crear novos contidos educativos dixitais de forma individual ou en colaboración con outros profesionais dentro de contornas seguras. Considerar, de modo específico, o obxectivo de aprendizaxe, o contexto, o enfoque pedagóxico e os destinatarios ao deseñar e crear ou modificar os contidos dixitais. Seleccionar as ferramentas dixitais de autor, para a creación e modificación de contidos, identificando as características técnicas e de accesibilidade e os termos de uso e a política de privacidade.

Que imos traballar no Nivel B1 da CDD?
Recorda, Usuario convidado, que estamos a acreditar o nivel de progresión B1 da competencia dixital docente que nesta competencia 2.2 se concreta na adopción dos criterios didácticos, disciplinares e técnicos para a modificación de elementos integrados en contidos educativos dixitais estruturados xa existentes con obxecto de adecualos a unha situación de aprendizaxe e alumnado concretos.
Relación con outras áreas e competencias
Esta competencia está estreitamente relacionada coas competencias 1.3 Práctica reflexiva e 3.1 Ensino. Optouse por contemplar todo o relativo á integración dos contidos educativos dixitais nas programacións didácticas, así como o seu uso no proceso de ensino e aprendizaxe ou a avaliación do seu uso nos resultados de aprendizaxe, na competencia 3.1 para centrármonos na competencia 2.2. unicamente no proceso de deseño, modificación e creación.

Esta competencia demóstrase á hora de deseñar, crear e modificar contidos dixitais para adecualos ás características e necesidades de todo o alumnado e aos obxectivos de aprendizaxe. Os contidos dixitais de uso educativo deberán responder a criterios de calidade didáctica, disciplinar e técnica, sendo fundamental ter en conta as opcións de accesibilidade e usabilidade. Para a edición e creación de novos contidos deberase ser capaz de empregar ferramentas de autor que xeren contidos accesibles e compatibles con distintos estándares e formatos.

Pódese partir da procura e selección de contidos reutilizables (competencia 2.1), para modificalos, crear novos contidos orixinais ou emprender un proceso que integre ambos os tipos de fontes nunha mesma estrutura didáctica.

A creación ou edición de contidos deberá respectar en todo momento a propiedade intelectual e os dereitos de autor relacionados de forma específica co recoñecemento e/ou a creación de obras derivadas.

Dani

Por exemplo, sabías que...?
Traballas esta competencia cando modificas un contido educativo dixital aberto substituíndo algúns elementos e engadindo outros (gráfico, presentación, mapa conceptual etc.) para adaptalos ao teu contexto de aula, ou cando engades a licenza en todas as túas obras derivadas respectando a propiedade intelectual e os dereitos de autor.

Que contidos integran esta competencia?
  • Utilización das ferramentas de autor para modificar ou crear os contidos educativos dixitais e introducir os metadatos para a súa catalogación. 
  • Coñecemento e aplicación de criterios de calidade técnicos, didácticos, disciplinares e relativos ao desenvolvemento de competencias á hora de modificar ou crear os contidos educativos dixitais.
  • Coñecemento dos tipos de licenzas e uso ético das mesmas no desenvolvemento de obras derivadas. Aplicación de sistemas normalizados de citas e referencias.

Criterios didácticos, disciplinares e técnicos

Cando creamos ou adaptamos contidos dixitais de uso educativo temos que coñecer e aplicar criterios didácticos, disciplinares e técnicos, que nos permitan ter en conta o obxectivo de aprendizaxe, o contexto, o enfoque pedagóxico e os destinatarios, sendo fundamental ter en conta as opcións de accesibilidade e usabilidade.

Equipo de creación deste curso sobre Posada Prieto, F. (2012, marzo). Diseño de recursos digitales educativos. Recuperado de CanalTIC. CC BY-NC-SA

As institucións públicas están obrigadas por lei a promover e desenvolver proxectos da sociedade da información cos maiores niveis de accesibilidade. Isto significa que calquera contido educativo dixital creado debe ser accesible ao maior colectivo de usuarios incluíndo ao alumnado con necesidades educativas especiais.

Equipo de creación deste curso Posada Prieto, F. (2012, marzo). Diseño de recursos digitales educativos. Recuperado de CanalTIC. CC BY-NC-SA

Criterios_calidade

Criterios_Tecnicos_Contidos_dixitais

Escuela21. CC BY-NC-SA

Entre recursos e ferramentas dixitais

Podemos facer infinitas clasificacións dos contidos dixitais, pero centrémonos en dous grandes grupos: por unha banda, temos os recursos dixitais e por outra, as ferramentas dixitais. 

Os recursos dixitais como vimos son inxentes e teñen diversa procedencia -institucións, bancos de repositorios, xornais…- e tipoloxía -audiovisuais, realidade aumentada, 360º…-, e supoñen as novas fontes de información da sociedade do coñecemento que nós como especialistas temos que filtrar para trasladar ao noso alumnado. Á súa vez, estes recursos peneirados son os contidos cos que nós e o alumnado interactuamos en propostas de actividades e estratexias activas de aprendizaxe. E como traballar con eles? A través do segundo gran grupo, as ferramentas dixitais, coas que se transforman ou modifican eses recursos xerando un novo produto e un coñecemento propio. Nesta presentación tes algunhas ferramentas de interese diferenciadas por tipoloxía:

Equipo de creación deste curso. Ferramentas para xestionar, colaborar e crear contidos. CC BY-NC-SA

Ferramentas de creación de contidos dixitais

Dani
Usuario convidado, lembras que na subcompetencia 1.3 presentamos algunhas ferramentas de creación de contidos dixitais? Ampliemos esta proposta e acheguemos novamente as ferramentas de autor máis destacadas: H5P, Ferramenta de Autor E-Dixgal e eXeLearning.

Imos centrarnos en ferramentas que nos permiten crear e modificar contidos audiovisuais; de xeito máis concreto presentamos dúas ferramentas gratuítas de edición de imaxes e sons.

Equipo de creación deste curso. Ferramentas de creación de contidos dixitais (audio e imaxe).. CC BY-NC-SA

Continuamos coas ferramentas de autor, programas informáticos que permiten a creación de material educativo multimedia dunha maneira sinxela e sen necesidade de contar con coñecementos de programación informática. H5P, Ferramenta de Autor de E-Dixgal e eXeLearning son as máis dinámicas, coñecidas e compatibles coas aulas virtuais.

Equipo de creación deste curso. H5P, Ferramentas de Autor de E-Dixgal e eXeLearning. CC BY-NC-SA

2.3. Protección, xestión e compartición de contidos dixitais

Procura e selección de contidos dixitais

Creación e modificación de contidos dixitais

Protección, xestión e compartición de contidos dixitais

1.3
1.4
6.1
1.3
3.1
1.3

Última estación... Protección, xestión e compartición de contidos dixitais! Como vimos facendo en cada punto, cómpre clarexar primeiro que supón esta competencia no noso labor docente para que poidamos artellar as ferramentas e estratexias que precisamos para desenvolvela.

Laura

A adquisición desta competencia supón catalogar os contidos educativos dixitais e poñelos ao dispor da comunidade educativa e do colectivo profesional utilizando contornas seguras. Protexer eficazmente os contidos dixitais, así como, respectar e aplicar correctamente a normativa sobre propiedade intelectual e dereitos de autor na xestión e compartillamento de contidos dixitais.

Que imos traballar no Nivel B1 da CDD?
Recorda, Usuario convidado, que estamos a acreditar o nivel de progresión B1 da competencia dixital docente que nesta competencia 2.3 se concreta na adopción de estándares para a publicación e catalogación de contidos educativos dixitais e uso convencional e autónomo dos CMS -Sistema de Xestión de Contidos-, repositorios e BBDD -bases de datos-.

Esta competencia refírese á protección da propiedade intelectual e dos dereitos de autor e á aplicación dos distintos sistemas de licenzas existentes no momento no que se publican e comparten contidos dixitais en plataformas orientadas a estes fins, tanto co alumnado, como coas familias ou outros docentes. Ademais, require o uso de distintos sistemas de clasificación, tanto de catalogación normalizada como de etiquetaxe libre, e das tecnoloxías dixitais para a protección e compartillamento de contidos de forma segura (BB. DD., repositorios de contidos, CMS, CLMS).

O exercicio desta competencia está intrinsecamente vinculado coas outras competencias desta área, xa que require unha procura e selección previas para o compartillamento de contidos xa publicados ou a edición destes contidos para a creación doutros derivados ou completamente novos.

O coñecemento e respecto dos dereitos de propiedade intelectual e a súa aplicación para a ilustración con fins educativos ou de investigación científica, así como o uso das diferentes licenzas, do mesmo xeito que a adopción das medidas de protección de datos, privacidade e seguridade desenvolvidas na competencia 1.5., son prescritivos desde o primeiro nivel de desenvolvemento desta competencia.

Dani

Por exemplo, sabías que...?
Traballas esta competencia cando compartes, en contornas educativas seguras como Agueiro, contidos dixitais xestionando a adecuada asignación de permisos para a súa visualización ou descarga por parte do teu alumnado, ou cando aplicas os criterios establecidos no plan dixital de centro para publicar ou compartir cada contido na contorna e a localización que lle corresponde (blog de aula, cartafoles dos espazos colaborativos...).

Que contidos integran esta competencia?
  • Utilización de diversos sistemas de catalogación de contidos educativos dixitais para compartilos e aproveitar as posibilidades técnicas das plataformas para recoller este tipo de metadatos.
  • Tipos de licenzas e o seu uso ético á hora de publicar, transmitir, reproducir, citar, difundir, intercambiar ou compartir contidos dixitais propios tanto obras derivadas, obras orixinais como de terceiros.  
  • Publicación de contidos dixitais e uso axeitado dos repositorios de intercambio de contidos e plataformas de colaboración, especialmente nos aspectos relacionados coa súa seguridade, accesibilidade e posibilidade de compartir (interoperabilidade e estándares).

Tipos de licenzas e uso ético das mesmas

Buff... e agora ademais de preparar as aulas vou ter que licenciar e atribuír todo o material que empregue? Usuario convidado, ao inicio dos contidos desta área falamos sobre a Propiedade Intelectual mais agora imos aprender como aplicala no noso día a día.

O primiero é ter claro estes dous conceptos:

  • Licenciar unha obra: consiste en indicar o uso que queres que se lle dea á túa obra. Como quero que se use o recurso que creei?
  • Atribuír unha obra: Consiste en recoñecer a autoría dunha obra que empregamos nas nosas aulas, xa sexa como fonte de infomación ou cando integramos un recurso dentro da nosa materia.

Equipo de creación deste curso. Propiedade intelectual licenciar e atribuir obras. CC BY-NC-SA

Se queres ampliar a información sobre as licenzas de autor no ámbito educativo, non deixes de consultar o seguinte vídeo:


INTEF. Licencias de autor en el ámbito educativo. Canal de Youtube de INTEF

Xestión e compartición de contidos dixitais

Neste apartado imos ver distintas ferramentas que nos permitirán compartir contidos dixitais en Moodle (aula virtual) e E-Dixgal. De xeito máis concreto imos explorar as seguintes:

  1. O uso de cartafoles en Moodle
  2. As opcións de copia de seguranza, restaurar e importar (dispoñibles en ambos espazos)
  3. A ferramenta Samba para compartir ficheiros en E-Dixgal.

Equipo de creación deste curso. Xestión e compartición de contidos dixitais. CC BY-NC-SA

Epílogo

Fin de traxecto, Usuario convidado! Agradecémoslle que contase connosco para esta viaxe e agardamos volver atoparnos con vostede nunha nova liña. Ata pronto!

Un resumo do que aprendiches, Usuario convidado

Finalizamos traxecto, Usuario convidado! Na súa viaxe por esta liña puido explorar un sinfín de recursos dixitais para o seu uso no ensino. Algunhas das competencias que calquera docente precisa desenvolver no seu día a día na aula son xestionar esta variedade de recursos educativos; identificar de forma efectiva os que mellor se adapten aos seus obxectivos de aprendizaxe, grupo de alumnado e estilo de ensino; estruturar a inxente diversidade de materiais; relacionalos entre si e modificar, engadir e desenvolver por si mesmos recursos dixitais cos que apoiar a dinámica de ensino-aprendizaxe.

E antes de marchar...

📖 Bibliografía deste libro

Grupo de Trabajo de Tecnologías del Aprendizaje (GTTA) (2022). Marco de Referencia de la Competencia Digital Docente. Enero 2022. https://intef.es/wp-content/uploads/2022/03/MRCDD_V06B_GTTA.pdf

Resolución de 4 de mayo de 2022, de la Dirección General de Evaluación y Cooperación Territorial, por la que se publica el Acuerdo de la Conferencia Sectorial de Educación, sobre la actualización del marco de referencia de la competencia digital docente. https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-8042

Resolución de 1 de julio de 2022, de la Dirección General de Evaluación y Cooperación Territorial, por la que se publica el Acuerdo de la Conferencia Sectorial de Educación sobre la certificación, acreditación y reconocimiento de la competencia digital docente. Ministerio de educación y formación profesional. https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-11574

Resolución de 2 de julio de 2020, de la Dirección General de Evaluación y Cooperación Territorial, por la que se publica el Acuerdo de la Conferencia Sectorial de Educación sobre el marco de referencia de la competencia digital docente. Ministerio de educación y formación profesional. https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2020-7775

Redecker, Christine (2020). Marco Europeo para la Competencia Digital de los Educadores: DigCompEdu. (Trad. Fundación Universia y Ministerio de Educación y Formación Profesional de España). Secretaría General Técnica del Ministerio de Educación y Formación Profesional de España (Original publicado en 2017). https://sede.educacion.gob.es/publiventa/d/24685/19/0

INTEF (2017). Marco común de competencia digital docente. Octubre 2017. https://aprende.intef.es/sites/default/files/2018-05/2017_1020_Marco-Común-de-Competencia-Digital-Docente.pdf

Jiménez Hernández, D., Muñoz Sánchez, P., & Sánchez Giménez, F. S. (2021). La Competencia Digital Docente, una revisión sistemática de los modelos más utilizados. RiiTE Revista Interuniversitaria de Investigación en Tecnología Educativa, (10), 105–120. https://doi.org/10.6018/riite.472351.

A curación de contidos. (n.d.). Retrieved from https://www.powtoon.com/online-presentation/f0LgfRA0oDL/a-curacion-de-contidos/?mode=movie

Recursos Educativos Abiertos (REA) gratis para todos. (2017, December 17). Retrieved from https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/recursos-educativos-abiertos-rea-gratis-para-todos/30610.html

Recursos para el aprendizaje inverso: ¿Estás buscando contenido ya creado? (2016, October 12). Retrieved from https://www.theflippedclassroom.es/recursos-para-el-aprendizaje-inverso-estas-buscando-contenido-ya-creado/

Una colección de 110 sitios con videos y herramientas para educadores. (2016, October 12). Retrieved from https://www.theflippedclassroom.es/the-100-best-video-sites-for-educators/