Un modelo: I Encontro de Mulleres Repentistas

2. Como nos comunicamos?

Para a xestión dun proceso de participación social e organización dun evento non son suficientes as horas na aula (1 hora á semana na materia de Regueifa e improvisación oral en verso)  Unha ferramenta coa que contamos desde o inicio do curso é o Galegram, rede social que permite a comunicación en grupo.  O uso desta ferramenta didáctica, -con autorización das familias- e un uso titorizado, facilita a implicación do alumnado no proceso de autoxestión.    Para a xestión dun proceso de participación social e organización dun evento non son suficientes as horas na aula (1 hora á semana na materia de Regueifa e improvisación oral en verso)

Para dispor de máis tempo é necesario crear unha dinámica de motivación para que o alumnado se implique máis alá desa hora dentro da aula.

Para iso, é fundamental o traballo con actitudes, creación de identidade grupal e estimulación do activismo.

Alén da hora de aula o alumnado máis motivado participou en tres reunións no seu tempo de lecer no recreo.

Ademais, unha ferramenta coa que contamos desde o inicio do curso é o Galegram, rede social que permite a comunicación en grupo.

O uso desta ferramenta didáctica, -con autorización das familias- e un uso titorizado, facilita a implicación do alumnado no proceso de autoxestión.