Da Galiza a Euskal Herria
Na Galiza estamos a construír o noso propio proceso de revitalización da improvisación oral en verso. Temos unha tradición que chegou ao século XXI con moita enerxía, unha xeración de repentistas que socializaron e transmitiron con intensidade o noso repente e na actualidade está a fluír unha enerxía imparábel impulsada especialmente por mulleres novas.
.
Como xa coñecemos neste tema, o repentismo está vivo en diferentes partes do mundo. Brasil, Portugal, Cuba ou Euskal Herria son referentes actuais para nós, por diferentes razóns.
.
Nesta Tarefa do Tema 2, vamos pór a ollada en Euskal Herria. E pedimos que olles algún dos vídeos -ou todos- do filme Bertsolari, dirixido por Asier Altuna e producido por Txintxua Films. O primeiro podes ollalo
.
Agora escribe un texto onde:
.
1. Describas o fenómeno social do repente basco, como movemento social.
2. Relaciones o proceso de revitalización do bertsolarismo co proceso de revitalización do repente galego.
Puntuación desta tarefa:
Porcentaxe desta tarefa na cualificación global deste tema .................. %
Porcentaxe do tema desta tarefa na cualificación final do curso ........... %