Tarefa de ampliación: leis de Kirchhof
Investiga sobre a relación entre as leis de Kirchhoff e os principios de conservación da carga e da enerxía nos circuítos eléctricos.
Responde ás seguintes preguntas nun documento de texto e súbeo a esta tarefa en formato pdf co nome de ficheiro: ampliacion_t2_apelidonome.pdf:
- Resume brevemente que é o principio de conservación da carga.
- Resume brevemente que é o principio de conservación da enerxía.
- Con que lei de Kirchhoff está relacionado o principio de conservación da carga?
- Con que lei de Kirchhoff está relacionado o principio de conservación da enerxía?
- Que relación hai entre Gustav Kirchhoff, George Ohm e James Maxwell?