Os tics das TIC / ANA MOREIRAS

As TIC na escola deben ser ferramentas que nos axuden no noso traballo, que visibilicen o que se fai nun centro e que fomenten a creatividade e a comunicación. Porén, hai aspectos negativos no seu uso que convén ter en conta. O obxecto deste relatorio é reflexionar colectivamente sobre o uso actual das TIC, os seus beneficios e os problemas comúns cos que o profesorado se atopa cada día. Para isto basearémonos na experiencia do IES A Cachada en 3 áreas concretas: traballo na aula (blogs, ferramentas web 2.0 e plataformas dixitais), difusión de actividades (revista dixital, redes sociais e newsletter Xaneliña) e potenciación da creatividade, autonomía e cooperación (proxectos TÍCaras e Club do Antifás).



Para que niveis educativos é interesante ou aplicable esta experiencia?

Educación Secundaria, Bacharelato.

ACCESO AOS MATERIAIS
SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS