Guía interactiva de nubes. Realidade aumentada en guías de campo e partes meteorolóxicos con croma na aula / XACOBO DE TORO

Hai dous anos no CPI Conde de Fenosa de Ares, propuxémonos facer unha guía medioambiental do noso contorno. Os alumnos de PDC fixeron unha parte do proxecto traballando a meteoroloxía da zona por proxectos e competencias. Fixeron tarefas de pescuda e elaboración da información e tiveron que presentala e maquetala empregando TIC novidosas como códigos QR, realidade aumentada (AR) e vídeos con fondo de croma para a edición con croma key. Para iso tiveron que empregar diferentes tipos de cámaras, micrófonos, dispositivos móbiles, apps e software. O resultado foi:

• Unha app gratuíta para móbiles descargable desde a Play Store.
• Unha guía interactiva dos tipos de nubes multiplataforma.
• Unha carta de nubes en soporte físico papel con capas de información extra, se a enfocamos co noso dispositivo móbil, usando a app gratuíta Layar. Link a vídeo demostrativo.
• Partes do tempo para a fin de semana empregando edición de vídeo con técnica de croma e colgándoos nunha canle de YouTube.
• Vídeo-leccións sobre a atmosfera e meteoroloxía empregando a app Touchcast.

Todo isto permite que os alumnos:
• Valoren a innovación e a iniciativa propia.
• Comecen a planificar para artellar un proxecto deste tipo.
• Fomenten a súa autonomía.
• Aprendan traballando, elaborando e presentando a información de xeitos diferentes.
• Manexen a linguaxe científica e audiovisual con corrección.
• Teñan unha relación fluída coas TIC e cos dispositivos móbiles.
• Se expresen con corrección e manexen a linguaxe non verbal.

Que aprenderán os asistentes no relatorio (brevemente)?
• Exemplos innovadores do uso das TIC e dispositivos móbiles en ciencias.
• Crear e usar códigos QR.
• Usar realidade aumentada.
• Gravar vídeo con croma en directo nunha tableta.

Recoméndase: levar instalado no dispositivo móbil Layar e un lector de QR.



Para que niveis educativos é interesante ou aplicable esta experiencia?

Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato.

ACCESO AOS MATERIAIS
SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS