Escornabot: Robótica infantil para todas as idades / TUCHO MÉNDEZ e MARÍA POUSA
Coñeceremos o proxecto Escornabot, unha iniciativa para introducir a robótica nas aulas de infantil e primaria desde a perspectiva da tecnoloxía aberta e accesible. Veremos que é posible facer que o noso alumnado participe e colabore nun proxecto desenvolvido pola comunidade, e exploraremos as súas posibilidades e a súa aplicación nas aulas de infantil da man das profesoras da EEI de Barrionovo. Por último, e non menos importante, como non! Xogaremos cos robots!
Temática:
Robótica.Para que niveis educativos é interesante ou aplicable esta experiencia?
Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria.ACCESO AOS MATERIAIS DE TUCHO