Indice degli argomenti
-
Co termo biodiversidade reúnense tanto os ecosistemas, como as especies e os individuos ou diversidade xenética. Para unha formación educativa completa é imprescindible coñecer a importancia que ten a biodiversidade para nós e tamén as consecuencias da súa perda. Dados os impactos que están sofrindo os seres vivos do noso planeta é vital despertar unha actitude de respecto cara á biodiversidade, respecto que pode estimularse co coñecemento de algunhas das especies máis cércarnas.
Este curso, apto para varios niveis de aprendizaxe, amósase dividido en seccións (temas) que serán utilizadas para adaptalo ao currículo vixente.
- As seccións 1 e 2, para 1º da ESO
- A sección 3 inclúe o texto sobre os impactos na biodiversidade
Inclúense tamén actividades sobre os nosos Parques Nacionais e as actividades de repaso para estas dúas seccións.- As seccións 4 e 5 para 2º da ESO
- As seccións 6 e 7 para 3º da ESO
- As seccións 8 e 9 para 4º da ESO
-
1º ESO (e outros): A Terra, un planeta habitado
Neste apartado móstranse os materiais precisos para aprender e coñecer e, así, poder realizar as actividades e os cuestionarios da seguinte sección. O primeiro arquivo é unha unidade teórica sobre os seres vivos do planeta. Os seguintes arquivos son imaxes de seres vivos para ser utilizadas na aprendizaxe destes.Seleccionáronse en base á súa facilidade de ser observados, en base á fraxilidade da súa conservación e en base á súa representación da nosa biodiversidade. Faltan moitas das nosas especies, pero os arquivos poden ser modificados e ampliados.
É preciso proxectar as imaxes o, mellor e tal como se propón, traballar con elas independentes e recortadas, como se foran vistas na natureza -
1º ESO (e outros)
Neste apartado tendes varias actividades interactivas para que comprobedes os animais e árbores que coñecedes.Primeiro practicades con elas e logo podedes facer os cuestionarios do final para demostrar os vosos coñecementos.
Ao final tedes un modelo de exame "de visu" para practicar.
-
Este primeiro texto é apto tanto para o seu uso en todos os niveis da ESO, seleccionando distintos apartados, como para Bacharelato (Ciencias para o mundo contemporáneo e Ciencias da Terra e do Medio Ambiente) e Ciclos Formativos relacionados coas actividades na natureza. A súa redación tamén o fai apto para divulgación.
Perda de Biodiversidade
O segundo texto é un pequeno resumo para que repasedes.
Debaixo hai unhas actividades interactivas e, por último unhas actividades de repaso xeral. Este paquete de repaso tédelo que descomprimir (doble clic sobre el/extraer en/escritorio (mirade ben onde o descarga), e logo clicades no arquivo "index" e traballades: o texto non é novo, é parte do que xa vestes, e hai outras actividades interactivas e de recordo.
-
-