Esquema de temas
-
Benvido/a á túa nova función docente!
Este será un período moi intenso marcado pola realidade do día a día nos centros educativos, pola necesidade dunha rápida adaptación e pola obriga de interiorizar novas dinámicas. Todo isto pode ser un desafío para os teus primeiros pasos no centro educativo e dentro da estrutura organizativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Este espazo proporciónache ferramentas e recursos para un mellor desenvolvemento das túas tarefas e para que a túa incorporación sexa o máis informada posible, adquirindo xa desde o primeiro momento unha boa e acertada dinámica de traballo.
Aquí atoparás información e obterás unha visión xeral sobre o que significa e o que implica ser docente no sistema educativo español e galego. Comprenderás tamén que comezas a traballar nunha organización que é complexa por definición e por necesidade, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que é a que, en definitiva, enche de sentido e contido o sistema educativo na nosa Comunidade Autónoma.
Un apuntamento final, seguindo o Modelo de Competencias Profesionais Docentes, a través deste curso formaraste prioritariamente na competencia:
Educador/a guía no proceso de ensino-aprendizaxe
-
Subcompetencia 1. Programación, seguimento e avaliación
-
Subcompetencia 2. Xestión dos espazos, recursos e materiais de aprendizaxe
-
-
Acabas de comezar a traballar nunha organización, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Miles de profesionais forman parte dela, unidos/as na procura dun fin último e común para todas e todos: a mellora do sistema educativo galego.
Nesta primeira sección atoparás información acerca de:
-
O sistema educativo galego
-
A normativa básica que regula o mesmo
-
Os protocolos educativos vixentes
-
1.1 O sistema educativo de Galicia
-
1.2 Normativa básica reguladora do Sistema Educativo Galego
-
1.3 Os protocolos educativos da Consellería
-
-
.
Seguindo o seu Plan de Acollida do profesorado, o teu centro educativo facilitarache o acceso aos documentos organizativos e pedagóxicos do mesmo:
- O Proxecto Educativo de centro
- A Programación Xeral Anual (no caso de que non estea elaborada, poden facilitarche a do curso anterior) e Programacións didácticas.
- O Plan de adaptación á Covid 19 para o curso 2020-21
- As Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia
Estes documentos rexen a vida do centro no que vas desenvolver o teu labor como profesor/a e foron elaborados en función das súas características e da súa autonomía de xestión e organización.
Alén desta información, contas tamén cun equipo de profesionais ao teu redor: o claustro do teu centro. O equipo directivo será o teu primeiro contacto, pero dispos tamén do apoio do/a xefe/a de departamento ou coordinador/a de nivel e do Departamento de Orientación (agás se desempeñas o teu traballo en centros de ensinanzas de réxime especial) para guiarte nestes primeiros pasos e ao longo do teu percorrido como docente.-
2.1 Centros educativos: tipoloxía e clasificación
-
2.2 Documentos esenciais
-
2.2.1 Formación Profesional
-
2.3 Traballo en equipo e órganos de coordinación docente
-
Nesta sección aproximaraste a diferentes aspectos que teñen que ver coa túa condición de docente. Primeiramente, os dereitos e deberes dos empregados públicos e as funcións do profesorado.
A continuación, partindo dos documentos que rexen a vida dun centro educativo (xa analizados na sección anterior) concretarase o teu horario de clases e de permanencia no centro (horas de titoría, biblioteca, gardas, etc). Tamén revisarás os procedementos máis operativos de xestión así como os instrumentos a túa disposición: libro de gardas, parte de incidencias, listaxes de alumnado, planos de distribución de aulas, etc.
Toda esta información servirache de base para que poidas dar os primeiros pasos tras incorporarte ao centro asignado.-
3.1 Normativa aplicable ao persoal funcionario e laboral
-
3.2 O traballo no centro educativo: horarios, estrutura, espazos...
-
3.3 As Competencias Profesionais Docentes
-
-
Chega agora o momento de centrarnos no traballo do día a día na aula. Nesta sección poderás afondar en aspectos concretos para desenvolver as tarefas de ensino-aprendizaxe. Alén disto, terás á túa disposición unha escolma de ferramentas para enriquecer ese proceso, entre as que se atopan, as ferramentas de carácter institucional de uso imprescindible.
- O proceso de ensino-aprendizaxe
- Recursos educativos abertos (REA)
- Recursos para o fomento das boas prácticas
-
4.1 O proceso de ensino-aprendizaxe
-
Debido ás actuais circunstancias provocadas pola pandemia, ademais de consideracións xerais sobre a planificación do proceso de ensino-aprendizaxe, neste apartado atoparás recursos que poderán ser de utilidade ante posibles momentos de confinamento no actual curso 2020/2021. Neles recóllense unha serie de pasos que che axudarán a reconvertir o ensino presencial en ensino a distancia.
-
4.3 Recursos educativos abertos (REA)
-
.....Espazo Abalar. Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Xunta de Galicia
.....Procomún. Intef. Ministerio de Edudación y Formación Profesional
.....IEDA - Educación Permanente. Consejería de Educación y Deporte. Junta de Andalucía
.....Proxecto Edia. Cedec Intef. Ministerio de Educación y Formación Profesional
.....Programa Crea. Consejería de Educación y Empleo. Junta de Extremadura
-
4.4 Recursos e recomendacións para o fomento das boas prácticas
-
A docencia é unha carreira de fondo onde nunca se deixa de aprender e mellorar. Para seguir formándote debes ter moi presente tanto o portal educativo da Xunta de Galicia, que é o lugar de referencia para consultar lexislación, protocolos, liñas estratéxicas, novas, etc, como FPROFE, onde atoparás formación de índole variada para mellorar as túas competencias profesionais docentes.
Tamén te convidamos a reflexionar sobre que tipo de formación é a que precisamos para a mellora nos desempeños que o día a día nos centros educativos nos impón. Para facer esa análise, o Modelo de competencias profesionais docentes da Rede de Formación do Profesorado, prové un marco excelente para axudarte a elixir a túa formación de cara ao que verdadeiramente se require dun/dunha docente do século XXI.-
5.1 Formación permanente do profesorado
-
5.2 Formación en aberto en Platega (acceso co correo corporativo)
-
-
Formación inicial para novos docentes. Curso 2020/2021Os materiais deste curso foron elaborados para esta edición do 2019 polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI),baixo unha licenxa Creative Commons-By-NC-SA.
publícase baixo unha licenza
Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 4.0 InternacionalConsellería de Cultura, Educación e Universidade, Xunta de Galicia