NIVEL MEDIO INICIAL EN TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN.
Este curso de teleformación encádrase no nivel MEDIO INICIAL dentro dos itinerarios de competencia dixital do profesorado proposto pola Comisión TIC da rede permanente de formación do profesorado. O noso obxectivo primordial é contribuír á formación TIC axeitada para a súa aplicación práctica nas aulas.Para situarte no procedemento xeral que seguiremos organizamos o curso así:
* Estrutura en 5 módulos* Presentación de cada módulo* Contidos que imos a traballar* Documentación ou formación necesaria e útil* Recursos: "para saber máis..."* Tarefa propia, que solicitamos para avaliar o voso traballo.
Este módulo servirá para que te familiarices con PLATEGA, a plataforma que estamos empregando para este curso de teleformación e co uso da aula virtual (Moodle). Traballaremos nestes aspectos :
Coñecer o funcionamento da plataforma PLATEGA
Coñecer o funcionamento da Aula virtual (Moodle), como usuarios alumnos e iniciarnos como usuarios profesores
MÓDULO 2:"COÑECER E UTILIZAR OS ELEMENTOS DE AULA ABALAR/ TIC"
No Módulo 2 faremos un repaso do equipamento propio dunha aula Tic, das súas características fundamentais e do máis elemental para acadar un funcionamento axeitado.
CONTIDOS
Aula TIC. Aula Abalar. Equipamento. Conexións. Acceso á rede. Proxector. E.D.I. Instalar programas básicos.
As Tic están cada vez máis presentes na vida dos centros, incluso na xestión administrativa. Achegarémonos neste Módulo A estes programas básicos:
DRUPAL ( Páxina web do centro) XADE (Xestión administrativa) e MEIGA (Xestión de Biblioteca escolar)
CONTIDOS
As TIC na xestión dos centros: DRUPAL (Acceso á páxina web do centro ou a unha páxina de probas e inserir un contido) XADE (Faltas, avaliación, informes). MEIGA (Rexistros, préstamos e consultas)
Todos os materiais presentes neste curso están subvencionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,e poden conter algunhas adaptacións realizadas polo CAFI.
Creadores do curso: Anibal García Pinal Ramón Pérez Rey
Os materiais elaborados no presente curso están baixo a licenza Creative Commons CC-BY-NC-SA